Opinión

Torre de Puga, Toén.

Juan Andrés Hervella

Pola rede autonómica OU-402, pasando Feá, a man esquerda, parte a estrada local cara o pequeno pobo de Puga; un pouco máis adiante, no lugar de  O Olivar, moi preto do pazo do seu mesmo nome ou das Señoritas de Puga, atópanse os restos dunha construción señorial construído no século XVI vinculada intimamente ca familia dos Pugas, consistente nos restos unha torre vivenda obxecto do presente comentario. 

Situados no lugar de asento dun vello recinto medieval non resulta difícil entender a idoneidade da súa elección como lugar preferente para o asentamento dunha torre fortaleza, datada a cabalo entre os séculos XV e XVI; así dende a alta torre divísase grande parte do fermoso e cercano val do río Miño, todo el rodeado de viñedo así como o cercano encoro de Castrelo de Miño. Por outra banda, igualmente relacionado co solar da ergueita da torre, non debermos esquecer a proximidade da fronteira co noso país veciño Portugal, converténdose nunha destacada atalaia de excepcional importancia estratéxica tanto pola súa labor de vixilancia como de defensa.

Documentase a pertenza da construción ao cabaleiro Gonzalo de Puga, persoeiro de certa relevancia que, tralo seu pasamento, acadou ser soterrado na igrexa de San Francisco, en Ourense.

A casa forte na súa orixe atopábase dividida en varios recintos; así o externo, a modo de muro, rodeaba a totalidade da construción, namentres co outro, composto pola torre e demais dependencias, dedicábase a vivenda, cortes, almacéns e hórreo. A alta torre, construída con grosos muros de cantería, remataba nunha longa cornixa corrida adornada, nas súas catro esquinas, cunha decoración moi barroca a base de pináculos de bola. Tamén dispuña de diversas fiestras rectangulares, actualmente moi modificadas, así como unha sinxela posta de acceso ao seu interior. O muro exterior perdeu parte das súas defensas substituídas por un antiestético enreixado rematado en punta de lanza. A ambos laterais da porta de acceso e na torre apreciase tres escudos nobiliarios decorados cas armas dos seus propietarios, a familia Puga.       

Actualmente pouco queda da primitiva construción atopándose moi deteriorada debido fundamentalmente ás diversas modificacións efectuadas ao longo do tempo ao que se sumou a perda de grande parte dos sillares de pedra do edificio voltos a utilizar na construción do veciño pazo de O Olivar, tamén propiedade, na súa orixe, dos Puga para pasar posteriormente, no século XIX, a mans de Fernando de Puga, dono e señor de moitas das terras e casas espalladas na bisbarra.

Pola diversas e valiosas informacións facilitadas por varios veciños da zona sabemos ca torre habitouse ata mediados do século pasado sendo, á su vez, a última moradora María, familiar dos Sacos de Alongos; por mor desta circunstancia a torre tamén é coñecida  como torre de María ou da Casa de Abaixo. Tamén existe outra versión sobre o último usuario do recinto neste caso atribuído ao cura párroco de San Mamede.

Te puede interesar