Opinión

E Feijóo na Praza de Colón

Que en Galicia non pasa nada é o que pensa Feijoo. Segundo din os seus, todas son manifestacións políticas que non teñen sentido. E por iso atende a chamada do seu presidente Casado, quen lle mandou un SOS a modo de orde, para que estivera na praza Colón no canto de estaren en Nova Iorque, e non, como debía, en Compostela vendo e escoitando á milleiros de galegos reclamar un mellor funcionamento da sanidade pública.

Quen manda non roga. E as ordes son as ordes. E Feijoo tiña que estar sustentando o argumentario de mentiras, medias verdades e improperios que o seu xefe lle lanzou o presidente do Goberno, ó que lle chamou traidor, okupa e outras baixezas. Mais no canto de desmarcarse desa foto que xa fala de reconquista, estivo nela, o que o sitúa no radicalismo ultra. 

O certo é que Galicia xa lle queda pequena o noso presidente, e xa non lle dá emoción nin lle ilusiona no seu camiñar pola vida política. E por ambición mira máis cara a capital do reino que para a terra de Breogán. Con todo, o peor diste asunto é que ignorar as reivindicacións da casa que gobernas amosa algo semellante ó desleixo e o aburrimento daquelas parellas que fenecen dese mal. O malo é que Feijoo xa pertence a esa coalición que de facto funciona e pretende gobernar o Estado. Ou sexa: que no fondo comulga coas ideas desa España que berra e toma a bandeira como propia. E que di que aqueles que non compartimos tales berros e modos de ver e facer política no Estado non somos españois. Peor, somo inimigos de España.

JOSÉ PAZ

A chegada á primeira liña dos tres mosqueteiros, Casado, Rivera e Abascal, amosa que rematou o tempo dos grandes consensos para os problemas do Estado; que volve o tempo do pensamento único e a visión desa España centralizada que quere desnaturalizar o sentido das cousas e das políticas. E como exemplo pon Andalucía, onde a política de igualdade e recuperación da memoria histórica levaráa un grupo que está na súa contra. O zorro gardando as galiñas. E o noso presidente, que amosaba un talante de persoa moderada, xúntase cos que falan de volver a un pasado nostálxico e insultan de maneira descarnada chamándolle okupa a quen foi elexido polo Parlamento. 
Unha persoa maior, hai uns días dicíame un tanto preocupada: estes rapaces soamente pensan en chegar ó poder a costa do que sexa.
E ate pode que, esta premonición, teña moita razón. Pois Rivera naceu como progresista e mira cós que anda. E Casado non parecía o que é resulta ser: a voz de Aznar.

En fin, segundo os voceiros populares, a manifa en defensa da sanidade pública en Compostela é unha manifestación política. E o presidente tiña que estar na defensa da soberanía traizoada e vendida polos que nos gobernan e Madrid, menudas trolas como argumentario nos contan. Esperemos acontecementos, pero se falar en política é unha traizón a España, entón como alternativa quedanos andar a paus. E iso é aterrador.

Te puede interesar