Opinión

Fin das maiorías absolutas

Oque adiantaban as enquisas non andaba descamiñado. Os cidadáns falaron co seu voto, e á falla dos resultados definitivos, todo indica que chegou a hora de compartir e dos pactos para conformar unha maioría no Congreso. Os populares ceden e moito, a pesares de alardear de que gañaron as eleccións, o que pon en perigo a súa continuídade para conformar unha maioría que sustente un presidente e un goberno. Parece logo que as horas de determinados líderes, e entre eles Mariano Rajoy, está na corda floxa e que non pasará desta lexislatura. Por outra parte irrumpe na escena política un grupo que, despois de modelar o seu discurso e saber buscar apoios con coaliccións en diversas comunidades entre ellas Galicia, dispútalle abertamente o espazo ó PSOE. Outro grupo dos novos que irrumpen, non con tanta forza como parecía nas enquisas, é o partido do Sr. Rivera. Polo que ós dous partidos clásicos nácenlle contrincantes que aspiran a xogar no que consideraban o seu propio feudo. Novos partidos con formas aparentemente novas e sobre todo con líderes que teñen moito camiño par percorrer. E en fronte un partido como o popular que se verá obligado a renovarse se quere seguir aspirando a liderar a dereita a nivel de Estado.

Na nosa terra tamén aparecen cambios de tendencia moi importantes. Os populares ceden unha porcentaxe de votos moi estimable o que os debilita para as próximas eleccións autonómicas. En feudos coma Ourense e Lugo ceden un escano, amén do que perden nas provincia atlánticas. Polo que todo indica que, na terra da moderación tamén hai aspiracións de cambio; hai gañas de ver algo novo que traiga unha nova ética e etilo na forma de gobernar e de afrontar os graves problemas que arrastramos na sociedade.

No tocante o que aconteceu cos grupos nacionalistas en Galicia, todo apunta a un final de ciclo para os que o consideraron como un monopolio exclusivo. Con todo ábrese un proceso de reflexión moi para artellar unha maioría social que ilusione ós galegos cun proxecto racional que non sexa excluínte e gobernar en san Caetano.

Como conclusión, chegou o fin das maiorías absolutas e estamos no momento dos consensos no fundamental e de gorbernar máís pegado ó sentir da maioría social.

Te puede interesar