Opinión

O galeguismo na encrucillada

Si dalgunha maneira se pudera definir a situación política na que vive o galeguismo e o nacionalismo, a verba, que podería axustarse mellor neste momento, sería: encrucillada.

As elecións xerais pasadas viñeron a confirmar unha liña de perda do electorado que dende hai tempo se viña anunciando. E con elo a representación política e a influencia nas decisións que desa perda se derivan.

A división no campo nacionalista trouxo varías escisións o que levou a que desta vez, a nosa terra non tivera representación propia nas Cortes do Estado. E, dende esa data, o debate está servido. A unidade de acción electoral non foi posible coas Mareas e de novo o nacionalismo e o galeguismo atópanse diante un camiño moi incerto.

No primeiro caso, todo indica que o erro ven dado como consecuencia de decisións erradas. A primeira é cando nunha forza política, as ideoloxías son tomadas ó pe da letra e, da súa aceptación sae unha postura, que maiormente non recolle o sentir da sociedade. Nese senso, o fracaso está anunciado. A continuación o camiño vólvese tortuoso e leva a conformar grupos que soamente teñen como obxectivo resistir diante a utópica causa. E así nace un enquistamento e unha atrofia que non permiten a evolución. As xustificacións deste posicionamento son diversas pero case sempre culpán ó mundo exterior, para esquivar unha seria e fonda autocrítica.

No segundo caso, a situación é diferente e moi distinta á primeira. Neste senso o fracaso inicial radica en vivir tanto tempo de aluguer nunha casa na que gobernaban outros; significa ter renucidado hai anos a percorrer soíño un camiño dificil pero non imposible. E o facelo agora, cecais, sexa máis dificil que anos atrás. Primeiro porque naces co estigma de ser unha escisión e de arrastrar vellas taras que dificultan desligarse dun pasado no que se conviviu cos que se sentían donos e daban certificados de galeguidade e nacionalismo.

Posiblemente, dende hai bastantes anos, vimos confundindo as verbas de esquerda e progresismo e os seus significados. Posiblemnte durante moito tempo vivimos pensando nun país imaxinario e certamente romántico, e o nacionalismo non foi capaz de baixar á realidade e coñecer ben a estructura da sociedade a que pretende representar.

E agora qué facer cando temos ás portas dous procesos electorais que poden vir moi seguidos?

O dilema é complicado. O certo é que no medio dunha encrucillada de camiños e con marexada de fondo, á dorna do nacionalismo e do galeguismo trata de navegar nunha mar chea de perigos.

Admito que non sei que camiño será o mellor. Si o de traballar coa franquícia das Mareas ou non. Entendo que en tempo de tribulacións é mellor non facer moitas reformas. Pero os partidos nacen para xogar no campo electoral e aspiran a ter un espazo na sociedade, pois tentan mudala e gobernala. Polo tanto, quedarse na casa non debera ser o obxectivo. Entón, seguir a liña de seriedade e rigor e facerlle a sociedade unha proposta crible e atractiva, claro dende Galicia; tentado fuxir de dogmatismos e ideoloxías alleas importadas, hoxe obsoletas que levaron o galeguismo e o progresismo case a desaparición.

Te puede interesar