Opinión

Metamorfose oportunista ou posibilista?

Que no tempo das campañas electorais dinse moitas cousas que logo pasan ó esquecemento, a ninguén se lle escapa. Que neses 15 días prométense cantidade de historias a sabendas de que son imposibles de afrontar, tamén. Pero, con todo, nese tempo de declaracións e propostas de todo tipo, o que chama poderosamente a atención é a capacidade de metamorfose que teñen moitos persoeiros públicos que compiten no proceso electoral. E aínda que as cuestións e propostas que fan as diversas formacións partidarias non trocaron moito, se temos como referencia o acontecido catro meses atrás, hai asuntos que si chaman a atención. Vexamos: os populares nestes días decláranse moito máis sociais que cando gobernaban. Din que eles son o centro dialogante e pretenden agochar a súa prepotencia de antano. Incluso parece que están dispostos a acoller certas propostas que saíron do que foi coñecido como o 15 M. E lanzan medidas para a galería. E se non, vexan o que fai o noso presidente Feijoo lanzando unha batería de pequenas axudas para cuestións sociais.

Pola contra, os que naceron como os da política nova que tildaban ós demais de casta, agora envólvense na bandeira socialdemócrata, falan de patria, pero agochan a filosofía comunista da que proveñen. Mentres, os que dende a época de Felípe Gonzáles deixaron o marxismo, abrazaron a socialdemocracia e andiveron exercendo de centristas pactando moitas normas negativas para o mundo laboral, tentan afianzar o seu proxecto reformista aparecendo un chisco máis radicais que antano, e pretenden recoñecerse como os auténticos donos da esquerda.

Vivimos nun tempo electoral no que todos tratan de amosar a mellor cara e tamén a máis doce para convencer á xente. Pero, como na cantiga de “Negra sombra”, hai unha que os persigue e que en forma de pregunta sempre segue sen resposta. Esta metamorfose na dereita entendo que se faga como táctica electoral. Ó mesmo tempo que amosa unha cara máis social, tamén di que non permitirán tocar ningunha das reformas que fixeron nestes catro anos. Reformas regresivas como a laboral e outras. Na outra banda, a cuestión resúltame un tanto escura, pois os que chegaron falando de derrubar todo o vello e gobernar para a xente, falan insistentemente de socialdemocracia por puro tacticismo, ou sexa, para agochar as veleidades comunistas e controladoras da prensa, da xustiza e doutros sectores, ou porque ven que as mencionades veleidades e reformas das que falaron meses atrás serían imposibles de facer no noso Estado? Posiblemente a segunda opción sexa a verdadeira.

Con todo o que leva chovido, e despois do debate a catro no que pouco se aclarou sobre os futuros pactos e as propostas foron semellantes ós fogos de artificio, percibo que poucas cousas cambiaron na maneira de pedir o voto na campaña electoral. Percibo que a incertidume política sigue viva. E a amabilidade e metamorfose actual, o acadar o poder, poida converterse en prepotencia e imposición. Son dos que coformareime con que naza a partires do 26 X unha nova ética na política, remate a corrupción, caiga a reforma laboral e se osixéne a vida pública. O demais, sobre todo o referido a economía, entendo que pouco vai mudar. As propostas baseadas no conto da leiteira (recaudarei moitos miles de millóns que pagarán os que nunca pagaron e devolverán os cartos os que os roubaron) e en facer promesas de incentivar novos servizos, sen saber como anda a caixa dos euros, pode que saian chuscas e sexan un puro fracaso. 

Te puede interesar