O conformismo como meta

O conformismo como meta

Se nos atemos ó discurso que o voceiro parlamentario do PP deu no debate da Autonomía e mesmo o do presidente, poderíamos dicir que, para Feijóo e o seu goberno, o futuro de Galicia segue a ser ilusionante. Ou sexa, que os galegos vivimos de ilusións e promesas, e todos esperamos por ise futuro que, segundo dín, será moito mellor co presente. 

A oposición, sen optar por unha postura catastrofista, pero si realista, puxo por riba da mesa datos que indican que, sen recurrir a carencias e promesas incumpridas como a da Ap-9 e outras, o equipo que preside Nuñez Feijoo nada ten que presentar.

Pero, o máis chamativo do debate foi o tempo adicado a falar de Catalunya e o arredismo, aparcando afondar nos graves problemas e retos que ten a nosa terra.

Os números que se agochan intencionadamenrte, son realmente escandalosos. E mentres se mira para outro lado, ou o presidente pensa en ubicarse en Madrid, se cadra como ministrro, eiquí todo camiña á deriva, e por moito que prediquen e publiciten, nada mellora. Si nos oito anos de Feijoo ningún problema serio se afrontou con seriedade, agora na terceira leixlatura, a que il mesmo bautizou como a do medio rural, todo sigue igual ou pior que anos atrás.

Por aquelo de sacar á luz uns números, direi que segundo o voceiro Leiceaga, Galicia ten 80.000 persoas menos que no ano 2009; Tamén, dende esa data, fuxiron de Galicia, mellor emigraron buscando un futuro laboral, 130.000 mozos e mozas. Outro dato curioso é o referido o número de ocupados, ou sexa persoas traballando, pois hai 121.000 menos que no 2009; e non falemos do desequilibrio entre defuncións e nacementos, 31.473 mortos o ano fronte 18.952 nacementos. Ou da desertización humana do do rural que nestes días arde chegando a contar con 123 lumes o domingo pasado: Igualmente hai que falar do desemprego e tamén da precariedade laboral. En fin, a retahila sería moi longa. Polo que parece que, o desvio para falar doutros asuntos políticos foi premeditado e intencionado. Falar do veciño e dos seus asuntos, das súas debilidades e incluso das empresas que se deslocalizan fora de Catalunya, toda unha estratexia deseñada para entreter ó persoal. Claro obviando que en Galicia hai máis de duascentas empresas deslocalizadas e que prefiren cotizar en Madrid e noutros lugares. Logo din que estamos subsidiados; ou das que fuxen para Portugal, cuestión que parece non ter importancia.

Triste debate foi o deste ano. Tristes os argumentos de quen goberna e que sempre fala dun futuro mellor que está por chegar, pero que non se atisva. Triste argumentario de quen sempre promete melloras que non se ven nin se esperan. Por iso, as preguntas están por riba da mesa: pra que sirve o goberno se non afronta os grandes asuntos que temos que arranxar? Pra que son as competencias propias de Galicia se non se exercen? A sensación é que moitos están no poder para pasar o tempo e facer carreira política fora da terra.

Triste é o futuro de Galicia. Pois percibir que quen nos goberna sigue instalado na compracencia, no autobombo e no ir tirando, mentres o pais arde polos catro costados, resulta moi dificil de dixerir. Con todo o dito, parece que é o que hai, pois a sociedade sigue amornada, calada, e cada vez con máis incertidume. E parece que non se decata de que camiñamos cara a nada sobre todo nesta provincia e tamén no resto do país.

Por iso digo, que o conformismo e triste e desalentador. E sobor de todo cando os gobernantes viven relaxados e o teñen como meta.