Opinión

Quen manda?

Cando nada máis comezar o mandato dimite o número tres dunha lista gañadora, algo indica que as cousas non funcionan con toda a normalidade. Algo sinala que árdelle o eixo e o carro máis que andar camiña renqueante.

E isto foi o que pasou no noso concello. Pois non fixo falla esperar a que se consumiran os cen días que por cortesía se lle dan a todos os equipos que acceden á unha alcaldía. O certo é que o goberno presidido por Jesús Vázquez tivo o seu primeiro revés. O alcalde di que non hai tal cousa e que o asunto é unha cuestión persoal do interesado. Vamos, que nola quere colar, como un tema interno que en nada lle afecta á gobernanza e á seriedade da lista gañadora na cidade das burgas. Pero, que se marche o número tres, non o vinte, dun ha lista que pretende gobernar en minoría o consistorio, non parece unha tontería. Polo que o asunto non pinta nada ben, e indica que o grao de comunicación interna entre os populares non funciona, ou se funciona, nel hai graves interferencias que o dificultan.

Todo o mundo sabe que antes de facer unha lista nos partidos, o debate é incluso as tensións son evidentes, pois trátase de buscar ás mellores persoas e que, ademais diso, sexan coñecidas e arrastren moitos votos. Todo o mundo sabe que os comités locais e provinciais aproban as listas antes de mandarllas a instancias superiores. Pois si iso é así, supoño que cando se inclúe a unha persoa relevante nun posto de importancia, os responsables saben quen vai e a situación que cada quen ten en todos os aspectos. Evidentemente refírome á laboral, económica e incluso pode chegar ate a familiar.

Por iso, a dimisión do número tres do goberno municipal chama moito á atención e lanza unha mensaxe. E nela está á deixar claro quen manda. Desta vez todo quedou claro. Manda o presidente do partido que, ademais, manda na institución provincial. E sen mais, asunto concluído. Pero a decisión do concelleiro de irse por cuestións laborais, tamén deixa claro a falla de respecto cara os cidadáns do concello en xeral e, os votantes que apoiaron ós populares en particular. Pois non é serio, por parte dos actores neste asunto, non ter reparado no que podía acontecer e de feito aconteceu. Pódese debuxar o asunto como se queira. Pero non parece serio nin responsable.

Don Francisco xa ten quen cubra o seu posto. E seguro que a persoa que o asuma traballará arreo e farao o mellor posible. Pero a sombra de que, en política moita xente non é seria xa quedou definida é remarcada. Pois non é sinxelo de explicar por ámbalas partes todo o acontecido. Claro, de non ser que, por asuntos de posibles cabreos ou vendetas, por deixación de deberes ou de facerse ver para definir que galo manda no poleiro, desta vez, pasou o que pasou. Con todo, diga o que diga o señor Alcalde, mal empezan os asuntos na casa consistorial para un goberno en minoría.

Te puede interesar