Opinión

Unha visita o Obradoiro truncada

Como en tantos 25 de xullo, sumándome á comitiva de persoas que aman esta terra, fumos a Compostela a visitar o Panteón de Galegos ilustres e achegar un caravel ó sartego de Castelao e Rosalía. A mañá na que apuntaba un sol de escasa forza, prometía ser fermosa. E así foi, pois feita a ofrenda camiñamos cara o Obradoiro coa intención de pasear pola praza e que cada quen fixera o que mellor considerara: visitar ó santo, esperar para ver os novos reis, ou disfroitar da fermosura do lugar.

E alá fumos, pero topámonos cunhas vallas e coa policía nacional que impedía o acceso ó recinto. Pois para entrar miraban o bolso cousa que fixeron, pero cando iba a pasar o control un policía dixo: retire esa pegatina. Nada de distintivos de publicidad!!! Respondinlle: pero a pegatina di: Eu quero productos etiquetados en galego. Ou sexa: promociona que se etiqueten en galego os produtos que temos nesta terra. Retírela!!! O poli mais mozo, amosaba unha cara de desacordo, pero calado asistía a insitencia do máis maior. Como a orde era clara arrinquei a pegata da camisa enrugueina e dinlla, dicíndolle tire a papeleira. Pero o andar uns metros pegaron co veciño e amigo Carballido e como il levaba unha presa de pegatas que lle daba a coñecidos, non pudemos entrar na praza e claro tampouco pudemos visitar ó santo dos croques, etc.

O certo é que nos primeiros momentos cabreámonos bastante. E comentábamos a necesidade de que todos os policías coñeceran todos os idiomas da península, así saberían que a pegata roxa non poñia “viva a república” ou calquera outra cousa que non fora do agrado dos actuáis mandatarios. Ou mesmo que non poñía “EU” (Esquerda Unida). Se non que era o pronome persoal que en castelán significa “YO”. Polo que a pegatina roxa afirmaba que o portador da mesma quería que os productos foran etiquetados en galego, pois esa é unha marca de indentidade que distingue e valora a súa orixe.

Tamén lembrei que anos atrás, outro vintecinco de xullo, quixen entrar na mesma praza e levaba a bandeira galega oficial, e outros polícias dixérome: “Puede pasar pero con el trapo no” Aquil día collín moito máis cabreo pois chamáronlle trapo a bandeira da miña terra, e exclamei: serán barbaros e brutos.

Cando volvía cara o parque de Belvis con Carba, María e Román falabamos onde está a liberdade de expresión. Tamén lembrei aquelo de que, cando na administración se dirixen a un funcionario, este responde no idioma do administrado. E matinaba que á policía eu falaballe en galego, pero sempre me contestaban en castelán. Co que no dialogo creábase unha dicotomía un tanto disfuncional que parecíase bastante a un dialogo de xordos.

Chegamos a Belvis e xantamos, escoitamos música e saboreamos o polvo e o churrasco en boa amizade e camaradería con moitos compañeiros e migos. E lembramos que con máis de trinta anos de democracia, hai cousas que non cambiaron ren. Sentimos un valeiro pois non puemos acceder ó Obradoiro, pero non foi culpa nosa, non. Se acaso a culpa foi de quen deu a orde de que non se podía pasar con ningunha pegatina á praza.

Te puede interesar