Opinión

Solidaridade ou man de obra barata?

A prensa destacou estes días as conversas en Xene- bra entre o Governo sirio e a oposición armada, así como á desaparición de 10.000 nenos e nenas A durante o traslado dos refuxiados, dende as áreas próximas á zona de guerra ate os países da Unión Europea. As dúas novas teñen como conexión a guerra civil, mais sobre todo, que a intervención exterior está movida por razóns económicas e xeoestratéxicas, que a solidariedade ten un papel secundario. Unha demostración é que se adiasen as negociacións ao 25 deste mes, polos avances do exército sirio en Alepo, cortando a conexión da oposición coa fronteira turca, indica con toda claridade os nexos entre os grupos armados, considerados moderados polas potencias occidentais, e organizacións terroristas como o Estado Islámico, a Fronte Al Nusra, o Exército da Conquista, etc. Todo fai pensar que Arabia Saudita, Catar e Turquía non teñen interese nunha solución paci- fica, se non lles garante a súa influencia no futuro mapa político de Siria, xa que os intereses xeoestratéxicos son prioritarios, tal como se pode comprobar pola súa inter- vención en Iemen.

Só un cambio na correlación de forzas no campo militar, coa derrota do terrorismo, pode acelerar un avance nas conversas de Xenebra, e axudaría a unha solución semellante no Iemen. Ambos os conflitos están conectados dende a óptica belicista da monarquía saudita, que conta co arroupe do Governo israelí. O cambio da tendencia da guerra reflicte que os bombardeos rusos contra o EI e a Fronte Al Nusra son efectivos, que aumentaron a moral do exército, deron pulo ás milicias pro governamentais, e están permitindo a recuperación de territorio. Algo que non é do agrado de Washington, daquela que decidise unha maior intervención militar en Iraq e no norte de Siria. Os problemas internos en Turquía, as medidas de supresión de servizos que Arabia Saudita está a tomar por mor da intervención en Iemen e da queda do prezo do petróleo, debilitaron as axudas en recursos pra a oposición armada.

Pola súa banda, a política da Unión Europea con respecto aos refuxiados está condicionada polos intereses dos Estados Unidos na zona, así como polas necesidades de man de obra de Alemaña. Daquela, todo fai pensar que se a guerra remata cunha solución favorábel ás forzas de El-Assad, a reconstrución do país deberán facela sen contar cunha parte considerábel da povoación máis formada. Moitos dos que emigran non volverán, máxime cando o retorno implicaría facelo a un país destruído e con enormes feridas sociais. Isto é sabido polas potencias que favorecen a riada, comezando por Turquía e Alemaña. A primeira, alentando a fuxida dos campamentos e dando folgos ás mafias que se aproveitan da traxedia. A segunda, pensando nos 800 mil empregos que quere cubrir a patronal, se cadra planeando que o medre da man de obra de reserva vai empurrar os salarios á baixa. Porén, a integración social e a incorporación laboral non é doada e os gastos pra o Estado serán varias veces superior ao planificado, polo que prestixio de Merkel está polo chau.

Lembremos que, a emigración está integrada maioritariamente por homes xoves que dispoñen dos recursos pra facer a viaxe, o que garante unha peneira de clase e de formación profesional. A emigración é unha traxedia, máxime cando é forzada e masiva. O razoábel, o solidario, o que tería evitado centos de mortes e a desaparición de milleiros de nenos, tería sido dotar os campamentos de escolas, hospitais, e medios de todo tipo pra evitar a ruptura das familias e garantir o retorno coa conquista da paz. Non foi por razóns económicas que non se fixo así. Vaise gastar máis con este fuxida descontrolada, que substitúe a solidariedade pola esmola, a paz pola guerra, e que converte os refuxiados en man de obra barata. 

Te puede interesar