Opinión

Manuel María

Odía 6 de outubro naceu en Outeiro de Rei (Lugo) o poeta Manuel María Fernández Teixeiro a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Neste momento teño diante de min unha tarxeta escrita cunha caligrafía preciosa que me enviou o 16 de xaneiro de 1997 fai exactamente -como pasa o tempo!- 19 anos e 4 meses. Por aquela fecha tiña unha librería en Monforte de Lemos.

A tarxeta di así: “Moitas gracias pola estupenda fotografía. Moi feliz 97. Unha aperta, Manuel María”. A razón da tarxeta foi unha fotografía que nos fixeron nunha excursión pola Terra Chá que compartín con el. Gran poeta e excelente persoa. Na súa eterna ausencia o recordo cunha fror como símbolo de uns Xogos Froraes. Moitas definicións se deron da poesía dende que Aristóteles a explicou por "a imitación da natureza”, o Duque de Rivas que “poesía é pensar alto, sentir fondo e falar claro”. Ahí queda eso! E tamén lembrernos o asesinado presidente dos Estados Unidos Jonh Figerald Kennedy co seu aforismo: “Se houbera máis políticos que souperan poesía e máis poetas que entenderan de política, o mundo sería un lugar un pouco millor para vivir nel”.

Descanse en paz o moi sensibel e gran poeta Manuel María. E teñamos en conta que ser poeta non somente é escribir versos. É levar a poesía na ialma.

Te puede interesar