Opinión

Conxuro particular para o lume de San Xoán

Lume purificador que abres a porta do verán e unes os corazóns namorados coas vetas dos mil amores. Brasas de ardentes entrañas que chispean nas muxicas e queiman o malo que vive en nós, eso ruín que nos alonxa da beleza que nos fai libres. Danzade, chamas vibrantes, azuis e malvas, laranxas e rosas, vermellas e verdes… Danzade e dicídelle ás estrelas que aquí tamén sabemos brillar.

Lume de San Xoán, maxia e poder que saberás apagarte coa auga, sensata e sabia. Que queimaches os soños que non prenderon por non ter o xardín fértil nin a terra verdadeira.

Que non nos abrase o sol, si os raios do teu amor, e que nos refresque a auga coa súa sede.

Lume purificador de San Xoán, fogueira amiga, entre a túa luz en min e resplandeza nesta túa noite meiga, esta sinxela candea que eu che entrego.

Te puede interesar