Opinión

Papás

Baixo a lúa de marzo chegan pai e fillo. As súas siluetas semellantes e con idéntico ritmo ó andar, cruzan o parque. Van falando coma dous homes serios e competentes nos que a diferencia de idade non importa. Os temas están a altura da emoción, e esta non se mide en números se non na intensidade coa que latexa o corazón.

-Papá, que me acompañas no paseo da vida e na análise de cada cousa aparentemente intrascendente. 
Aí veñen, correndo coma toliños suorosos e contentos. Xogan coma dous nenos, e gañar e perder forma parte do fortalecemento e aceptación ante a derrota ou o trunfo. Tamén hai que saber vencer con honor. 
-Papá, que me ensinas a ser home nobre, digno membro do equipo da xente que é coma nós, legais nas regras do xogo.

A nena baila desmelenando as coletas, facendo as delicias dese home que a mira absorto. 
-Seguirei sendo a túa prefe, papi? Sigo sendo a meniña dos teus ollos?
Hai na cama un balbordo cada noite antes de durmir, porque cada día que se vai é un tesouro acumulado e ante a noite temos que levar o corpo relaxado e a risa fresca. Si, coma a fonte na que me dás fas beber cando imos andar. Fonte que refresca por dentro e me da ilusión e forzas para chegar á casa. A ese fogar que creas para min.

-Papá, que me ensinas que todo é máxico, fermoso, pero tamén mellorable, con loita e esforzo. 
Todos os días son días do pai e do fillo establecendo lazos que nin a morte matará nin a distancia desterrará nin a dificultade borrará. A ti papá, meu compañeiro leal, que me entrenas para xogar limpo, para que súe a camiseta e me lave cos ollos pechados, confiado, na fervenza dos soños, medrando cara arriba e cara adentro, buscando ese entusiasmo que sexa superior a todo o medo, ese amor que sexa máis forte ca toda a dor. Ser grande, coma ti, papá. igual ca ti. Felicidades

Te puede interesar