Opinión

Voz da miña terra

Voz harmoniosa da miña Terra Galega que aínda sentes os ecos da melancólica canción que conmoveu os carazóns de Europa nesta edición de Eurovisión. Esa es ti, fala dos primeiros poetas, dos que cantaron coma ninguén o efémero. Ai estabas ti, voz anxelical, cálida caricia sensual e refinada, doce cantar, capaz de matar de amor as almas, a vida e a morte, a dozura e as distancias.

Voz fervorosa do meu pobo, fermosa bailarina que bisbeas ou berras en cada verso sen chegar a saber se lle falas ó amante para que volte a amar, o se é unha nai debruzada sobre un roulo quen ofrece o seu corazón para amar por dous. Es un acorde florido, que desgarra a quen amou sen volta. Es unha rola en tempos de cortexo. Ou es o mar que insiste unha vez máis en dicirnos que o seu son, é poderoso e relaxante ó mesmo tempo.

Voz da miña Terra, dos meus antepasados e do meu fillo, meu vento seductor ó camiñar.

Feliz día das nosas Letras Galegas

Te puede interesar