Opinión

¿Corrupción en aumento?

Parece unha historia de nunca acabar. Cando aínda non acabaramos de asimilar o escándalo das tarxetas fantasma, vai o FROP e remítelle ó Ministerio Fiscal informes sobre irregularidades cometidas polos xestores de Catalunya Caixa, Caixa Galicia e Caixanova, entre os anos 2005-2008; irregularidades que lles ocasionaron ás citadas entidades bancarias uns prexuízos económicos de 1.500 millóns de euros. Ese mesmo día, durante a presentación da memoria da Fiscalía de Galicia correspondente ó ano 2013, o Fiscal Superior deu conta da existencia de 184 casos de corrupción que na actualidade se están investigando, cun incremento do 21% sobre o ano anterior. (Cifra na que talvez se inclúa a trama dos cursos de formación Operación Zeta, da que tanto se está a falar estes días). 

A vista do que sucede por aquí, e do que ocorre no resto de España (co das tarxetas opacas e co do joven Nicolás, como síntomas esclarecedores), cabe preguntase se o problema da corrupción político-sindical-empresarialfinancieira vai minorando ou, polo contrario, está indo en aumento. Unha pregunta con respostas diferentes. Están, por un lado, os que aseguran (convencidos, ou por conveniencia) que a gran maioría dos casos pendentes de xuízo pertencen a tempos pasados; e que é agora, precisamente, cando están saíndo á luz, grazas ó interese despregado polas autoridades que neste momento nos gobernan. Por outro, os que consideran que a corrupción non para de crecer. Convencemento que viría avalado polos datos ós que máis arriba se fixo referencia. Tamén, porque parte da corrupción que se estea a dar agora a máis difícil de detectar, por obrar con máis cautela se irá descubrindo co paso do tempo.

Agora ben, en canto á corrupción, e segundo a percepción dos cidadáns, cál é a situación de España en relación con outros países. A Organización de Transparencia Internacional ven publicando cada ano, dende o 1995, os índices de percepción da corrupción en 175 países. Os últimos datos dos que dispomos corresponden ó 2013. Ocupando os primeiros postos (de menor a maior corrupción) Dinamarca, Nova Zelanda, Finlandia, Suecia, Noruega; e os últimos, Afganistán, Sudán, Libia. Correspondéndolle a España o posto 40º, mesmo ó lado de Cabo Verde, Lituania e Dominica. Habería que engadir que é o posto menos favorable de España dende que se iniciou a recollida destes datos.

Te puede interesar