Opinión

Efectos adversos

Vai para 30 anos que me operaron de dúas hernias inguinais. Aclarando, dende un principio, que non houbo problemas na operación nin, por causas daquela, volvería sentir nunca ningunha molestia. Pero, que mal o pasei antes de entrar no quirófano! Cumprindo co protocolo establecido para estes casos, unha hora antes da intervención entregáronme unhas follas informativas (que tiven que firmar) nas que se daba conta dos posibles riscos da anestesia. Tal e como se recollía naquelas follas, os riscos eran tantos e tan funestos que –pola idea que entón me fixen– raro sería que puidese saír de alí con vida. “Quedarme ou escapar, quedarme ou escapar”; momentos moi tensos. E cando xa tiña tomada a decisión definitiva, a de escapar, oín unha voz interior que me ordenaba tallante: “Aguanta, Mario, aguanta.. Aguanta!” E quedeime. Coa sorte, como dicía máis arriba, de que todo resultaría ben.

Foi recordo que se me veu á cabeza cando na semana pasada caeu nas miñas mans o prospecto dun medicamento ó que aquí lle vou dar o nome ficticio de XYZ. Pero, qué di o prospecto –se preguntarán–. Logo de recomendar que se faga unha lectura detida do mesmo, de concretar a eficacia do fármaco (“elimina bacterias que causan infecciones”) e de facer as primeiras advertencias (“no tome XYZ si sufre miastenia grave y si es alérgico al principio activo o a otras quinolonas”); despois desta breve introdución, pasa a dar conta dos posibles efectos adversos do medicamento: Náuseas, diarrea, dolor en las articulaciones, superinfecciones micóticas, concentración elevada de eosinófilos, pérdida de apetito, hiperactividad, dolor de cabeza, vómitos, dolor abdominal, problemas de sueño, erupción cutánea, picor, ronchas, dolor de las articulaciones, función renal deficiente, dolor de músculos y huesos, sensación de malestar, fiebre, aumento de la fosfatasa alcalina, colitis, leucopenia, leucocitosis, neutropenia, anemia, trombocitos, edema, angioedema, hiperglucemia, confusión, desorientación, ansiedad, depresión, alucinaciones, hormigueo, adormecimientos, temblores, convulsiones, problemas de visión, tinnitus, pérdida de audición, taquicardia, vasodilatación, dificultad para respirar, síntomas asmáticos, trastornos del hígado, ictericia, hepatitis, dolor muscular, inflamación de las articulaciones, calambres, insuficiencia renal, cristales en la orina, retención de líquidos, inflamación de las vías urinarias, sudoración excesiva, aumento de la enzima amilasa, anemia hemolítica, agranulocitosis, pancitopenia, depresión de la médula ósea, reacción anafiláctica, reacciones psicóticas, migraña, trastornos de orientación, trastornos olfativos, distorsiones visuales, vasculitis, pancreatitis, necrosis hepática, patequias, necrosis epidérmica tóxica, ruptura de tendones.

Total, 73 posibilidades duns efectos terribles que, en maior ou menor grao, pode ocasionar a administración do fármaco XYZ. Pois ben, e coa ousadía dunha persoa leiga na materia, pregúntome: pagará a pena expoñer á xente a enfermidades tan graves polo simple empeño de acabar cunha bacteria concreta?

Te puede interesar