Opinión

Selfies memes e perreos

Por moitas que sexan as críticas que se lle está a facer, polo grao de confusión que tanto lío está a ocasionar, por esas burlas corrosivas das que con frecuencia están sendo obxecto, o caso é que seguen aí (no entorno, na televisión, no internet, nos xornais, nos teléfonos, nos libros) cada día máis asentadas, cada día con máis adeptos; e non vale de que darlle. Estou a referirme á esa sarta de palabras estrañas -a maioría de procedencia inglesa- coas que, queirámolo ou non, nos temos que manexar. 

Inclúo a continuación por orde alfabético unha breve relación de palabras modernas (por máis que algunhas delas non o sexan tanto): aftershave, boss, bussines, casete, castings, celular, compacts, cool, currar, chanchi, chatear, chungo, depre, doodle, emoticon(o), fake, fitness, flipar, followers, friki, guay, hype, jalar, het, joutuber, kit, mangar, kleenex, mailing, mazo, meeting, meme, mogollón, molar, móvil, palmar, parties, peña, ñoño, ordenador, peña, perrear, pin, plum-cake, postureo, radiocasete, router, selfie, slips, span, swag, tranki, transistor, troll, tuitear, tupperware, twerking, vallenato, vips, whatsapp, wifi, xoxo, yuppies, zapping.

Unha relación, a anterior, na que hai palabras con varios significados, dos que deseguido lles dou unha mostra en versión castelá.

CHATEAR: beber vasos de vino, mantener una conversación, intercambio de mensajes electrónicos a través de internet.

PERREAR: bailar de manera picante, quitar algo con engaño, menospreciar a alguien, presumir de mujeriego (e outros tantos polo estilo).

MEME: Idea, concepto, situación, expresión, pensamiento.

FLIPAR: Estar bajo los efectos de una droga, estar o quedar maravillado, admirado, asombrado, extrañado. Agradecer mucho a alguien.

SPAN: Lapso, palmo, espacio, arco, ámbito, extensión, período…

CELULAR: Teléfono, tableta, biología celular, ciclo celular, coche celular, división celular, furgón celular, membrana celular, pared celular, respiración celular, tejido celular… 

JALEAR (halar): Tirar de un cabo, tirar de algo o de alguien, comer con mucho apetito, aspirar con fuerza el humo del cigarro, causar embriaguez, esnifar, suspender, mantener relaciones amorosas, dirigirse a un lugar, emborracharse.

Te puede interesar