Opinión

Tramo perigoso

En cuestión de tráfico, mal empezan as cousas para Galicia no ano recentemente comezado. Con 7 vítimas en xaneiro. Unha cifra que ven a duplicar á dese mesmo mes do ano anterior, que fora de 3 mortos.

Vai uns días, e dado que o número de falecidos na estrada (correspondente o ano 2016) se incrementou en 29 respecto ó 2015, o ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, propúxolle á Comisión de Seguridad Vial 20 medidas, con obxecto de reducir a cifra de mortos. Medidas que, polo que lles teño oído á espertos no tema, todas elas moi oportunas: educación vial, determinación de puntos “negros”, control de factores de risco, guías sonoras lonxitudinais (bandas rugosas que delimitan o eixe da calzada e os laterais da mesma), control de velocidade, control do cinto de seguridade, ubicación e xestión de radares... Medidas de prevención, todas elas, encamiñadas a volver de novo a senda de diminución gradual de accidentes de carretera dos últimos anos.

Xa que falamos de prevención, vaiamos a un caso concreto que nos cae moi cerca. Certo que hai outras prioridades máis urxentes, e que no tramo que vai do barrio da Lonia ó pobo de Velle (da antiga estrada de Ourense a Monforte) non se levan producido -que eu saiba- accidentes que afectasen á integridade física de persoas. Si. Pero tal vez, dada a perigosidade do traxecto, porque ata agora ten habido moita sorte. Con curvas de escasa visibilidade, moi reviradas, e tramos tan estreitos -encaixados a ambos lados por barreiras metálicas- nos que, por imposible escapatoria, incluso chegan a rozarse os coches. E que no caso das barreiras de “protección”, aparte das rozaduras cotiáns, teñen recibido impactos brutais; o máis espectacular de todos eles, o de vai un par de anos cando un camión arramplou con 30 metros de barreira. Afortunadamente, nese momento, non circulaba ningún peatón polo sendeiro pegado á estrada.

Sería conveniente, pois, que por parte de quen corresponda, se instara ás autoridades respectivas para que se elabore un informe sobre a perigosidade do traxecto de referencia. Primeiro paso para que algún día, e antes de que ocorra unha desgraza, se proceda a ensanchar algo os tramos máis estreitos e retocar, dentro do posible, as curvas máis cerradas. Que non é tanto pedir. Nin parece moi custoso.

Te puede interesar