Opinión

Troncos e paxariños

Cumprírase algo máis dun mes da morte de Hugo Chávez  (marzo do 2013) cando  a Nicolás Maduro se lle apareceu un paxariño. "Entré en una capilla chiquitita y, de repente, vi un chiquitito pajarillo. Dio tres vueltas aquí (sinalando para súa cabeza). Sererereré, sererereré ("aleteo" do paxariño). Se paró en una viga de madera y comenzó a silbar. Pichiú, pichiú, un silbido muy bonito. Al ratito me dio una vuelta. Yo me quedé viendo y se fue. Y yo sentí el espíritu de el (Chaves), como dándonos una bendición: “¡Hoy arranca la batalla, vayamos a la victoria!". 

E foi a semana pasada cando don Pablo Iglesias, sentado nun banco, e acariñando un pau groso como se fose un meniño, pronunciou a perorata: "Los más jóvenes seguro que non entenderéis porqué aparezco en este vídeo abrazado a un tronco. Los más mayores imaginareis que estoy haciendo un homenaje a ¿???, una mítica serie de televisión de la señora ¿??? Pues este año, en 2017, se van a producir muchos acontecimientos geopolíticos… ¡Atención, atención! -acercando a orella ó pau- algo me está diciendo el tronco. Dice: “No os peleéis”. Dice: “Unidad”. Dice: “Debatir no es dividir". 

Similitudes e diferenzas das dúas historias. Vaiamos coas similitudes. Animar e amarrar ós dirixentes, militantes  e votantes do propio partido, era o que buscaban tanto o señor Maduro como o señor Iglesias. ¡Vayamos a la victoria ..!, incitaba o primeiro. ¡No os peleéis…!, bramaba o segundo. Ata aí, a coincidencia. En canto a diferenzas, a máis significativa de todas elas viña dada pola peculiaridade das respectivas fontes. Un lindo e alegre paxariño, no caso do señor Maduro; e un tronco reseco e feo, no caso do señor Iglesias. Linguaxe real do paxaro (pichiú, pichiú, pichiú); tan real que don Nicolás, paralizado pola  emoción, pasou por uns momentos de desconcerto. En cambio, ninguén puido oír nin gravar as palabras do tronco, porque os troncos nin pían, nin ladran, nin miañan; e ninguén lle encontrou a menor gracia cando señor Iglesias, con cara de circunstancias, achegou a orella ó pau para escoitar a mensaxe.

En suma, a medida que un e o outro vaian perfeccionando ás súas farsas, farase moi difícil discernir cando din mentira e cando verdade. En todo caso, alá eles.

Te puede interesar