Opinión

Machada ó canto!

Sen comentarios na cuestión política. Para que? Pero aínda así non nos esmagarán. Levantarémonos, unha vez máis, coma heroes e que saiban que somos eses furúnculos que lles proen. Non obstante, agora, cada quen que se busque a vida e que non se queixe. Somos moito de parolar nos bares e de ser arroutados, botados para adiante cando temos alguén á nosa beira. Ó sentirnos sós cambiamos a chaqueta e pensamos “non vaia ser que...”. Si, non vai ser que nos poñan peor do que estabamos. É igual; agora xa está. Agora para que imos predicar no deserto. Se ninguén nos escoita. Agora xa foi. E o ruxerruxe dos dimes e diretes quedou en auga de bacallau. Agora ferverán as redes sociais de denuncias e críticas e opinións e ataques e defensas para que dentro de catro anos volvamos cambiar a chaqueta. É lei de vida. Total non custa nada; disimular un chisco nas conversas e logo... machada ó canto!

Te puede interesar