Opinión

Villages visages

Caras e lugares explora territorios da Francia menos coñecida polo público, esa que nin é cool, nin o pretende. Agnès Varda (Bélxica, 1928) e J.R. (París, 1983) percorren, nun singular camión-cámara, parte do Hexagone na procura de caras e lugares, tal e como indica o título. Esta parella constitúe un tándem perfecto, pois, conforme transcorre a metraxe, suscita gran curiosidade. Conségueo facilmente, a verdade. Non só polo interese do proxecto que se materializa coa colaboración de todas as persoas alleas ao cinema  retratadas por J. R., mais polas conversas entre el e Agnès, que, malia ficaren moitas delas inconclusas ou seren intrascendentes, sempre teñen algo que se agradece: sentido do humor. A química entre o chicarrón e a chica grande agrádanos. Simpatizamos con el, coas súas brincadeiras. Vemos inmensa a Agnes Vardá. O seu esplendor humilde e riseiro seduce e conmove. A artista belga, que moitos consideran a avoa da Nouvelle Vague francesa -el será Godard o avó?-, é unha das pioneiras do cinema feminista, alén dunha creadora de ficcións sempre en continuo movemento, sedutora e irremediabelmente honesta. 

Varda desborda talento, algo que amosa con cada traballo que realiza, e, por fortuna -isto non sempre sucede- foi, é e será recoñecida. Aí están, entre outros, o Premio Donosti,  no Festival de Cinema de San Sebastián ou o Oscar de Honra pola súa traxectoria. En todo caso, alén da morea de galardóns recibidos, ou de que os seus traballos sexan obxecto de estudo en diferentes universidades americanas, por exemplo, a cineasta faise interesante, principalmente, por se situar nun espazo fundamentalmente habitado, dirixido, e, obviamente, controlado por homes cis: o cinema. Así é que calquera ovación resultaría insuficiente

Te puede interesar