'O LUSITANO', PREMIO DE GASTRONOMÍA

'O LUSITANO', PREMIO DE GASTRONOMÍA

OLusitano', no concello de Lobios, ten colmado os padais máis exquisitos e esixentes, a través de tres xeracións familiares, para un mesmo obxectivo: ser referente gastronómico do Xurés e Baixa Limia, dende 1930. A máis tradicional cociña galega, que se pode degustar dende antes da guerra ata hoxe, sempre a base dos produtos naturais da terra, tivo agora a súa recompensa: a vixésima edición dos Premios da Gastronomía de Galicia recoñece a dedicación á cociña galega de 'O Lusitano', por 'toda unha vida dedicada á gastronomía galega'.


Comprobar como 'O Lusitano' é recoñecido xunto a outros restauradores, 'El Mosquito' de Vigo e o restaurante 'España' de Lugo, tamén galardoados, da idea do traballo e capacidade para estar a vangarda da cociña tradicional galega. ¡Claro que si Javier!'O Javier do Lusitano' xa me fixera observar que o restaurante data de 1930, que o seu fundador, procedente do veciño concello de Amares (Braga-Portugal), chegara as terras de Lobios para traballar nas minas de Sombras; referíase ao seu avó paterno Luis Díaz Machado, que fundara a 'Fonda Lusitana', como aínda tamén se coñece. E agora o recoñecemento a nivel galego.


Disfrutar da mellor gastronomía tradicional, os pratos da sobremesa contribuíron a paliar a fame nos tempos da guerra e posguerra que, a maioría das veces, só se disfrutaban en días de festa. A incesante evolución gastronómica de 'O Lusitano' cohabita coa maxestosa preparación para a degustación dos produtos típicos e propios do lugar: o cocido, carnes e callos limiaos, carnes de caza con arroz, teñen o mellor deleite en 'O Lusitano'


Afirmaba Álvaro Cunqueiro, grande gastrónomo, que Galicia posúe a mellor despensa de Occidente. 'O Lusitano', en Lobios, colma os padais máis esixentes. A terceira xeración, encabezada por 'O Javier do Lusitano' xa ten outra recompensa neste


premio. O beneplácito dos clientes ven de sempre, dende que o seu avó camiñou a Lobios para traballar nunha mina; e a mina da galiña dos ovos de ouro estaba na elaboración dos produtos da terra á que chegaba. Se decatou!!!, porque amigo Sancho: el hambre agudiza el ingenio.