Opinión

A vaquiña polo que vale

Nos últimos comicios moita xente votou polo medo a Podemos. Xa que logo a desfeita de Venezuela e o medo a perder as pensións actuou como revulsivo para que gañara o PP, por aquelo de “que máis vale... que por coñecer”.

Nestas benqueridas páxinas de La Región, onde escrebo dende 1959 dixen preguntándome: Cara onde vai o PSOE? Pois xa o ven. Cada comicios que se celebran baixan. Esta vez tiveron o peor resultado da democracia.

Os “populistas”, ufanos eles, “querían saltar o Ceo”. Mais o Ceo haino que conquistar con humildade, non con soberbia, e Albert Rivera, que nin é carne nin pescado, tamén se escarallan nas urnas.

As Mareas baixan, pois eiquí na Galicia os alcaldes de Ferrol, A Co- ruña, e Compostela, que fixeron? Ou que desfixeron?

O dito, “amiguiños, mais a vaquiña polo que vale?

Te puede interesar