Opinión

Polémicas eurovisivas!

Vaia follón teñen montado Rusia e Ucraína pola participación de Julia Samoylova no Festival de Eurovisión!, vetada pola organización de Kiev xa que as leis do País impiden por tres anos entrar a quen teña actuado na polémica Península de Crimea. Créanme que a min o feito de que Rusia participe ou non tráeme sen coidado, de feito non o sentiría nin o máis mínimo, aínda que moitas das súas cancións sexan de calidade e mesmo merezan alzarse co triunfo. Pero o certo é que os seus dirixentes non fan nada, maís ben todo o contrario, para calmar os ánimos dos millóns de eurofáns que cada ano asubían os puntos recibidos polo feudo de Putin; non dirixidos aos intérpretes, claro está, senón a esa casta reaccionaria que cal “Soviet Supremo” da Guerra Fría impide que millóns de persoas poidan vivir e expresarse sexualmente libres. Últimamente xa non son tanto os asubios antihomófobos os que lles incomodan a esa pandilla de represores, senón a súa malísima relación política coa anfitriona Ucraína, aumentando aínda máis se cabe ese “ruxe ruxe” que sempre acompañou ao Eurofestival,  que fai que moitos o vexan como un evento onde a política ten moito que ver á hora dos “points”, que, por certo, co novo sistema de votación apenas disfrutamos.

Seguramente non é tanta a cousa, e máis que mala política o que se dá normalmente é unha boa sintonía  entre Países limítrofes con artistas ben coñecidos por todos eles, sexa nos saídos da ex-Iugoslavia, da antiga URSS, os Nórdicos, e ás veces, todo hai que dicilo, os Peninsulares de por aquí abaixo, incluída Andorra cando se presenta. Chamaba poderosamente a atención comprobar como despois da terrorífica guerra dos Balcáns, os bosnios, serbios, e demáis pobos independizados dábanse as mellores puntuacións entre sí, esquecendo a enorme cantidade de cemiterios que poboan os seus territorios para vergoña propia e a de todo o mundo civilizado. 

E se de polémicas eurovisivas falamos temos que mirar un pouco para a casa, e recordar o espectáculo bochornoso da elección do noso representante deste ano, o cantante Manel Navarro,  a quen lle vou disculpar o seu feo xesto no escenario polo desastre de gala que cada ano TVE se empeña en maltratar. Non serei eu quen diga que houbo tongo na súa elección, pero para os mal pensados a verdade é que o Ente Público púxollo “a huevo”, e mesmo fixo que os representantes da artista Mirela, que hoxe estará en Bamboleo, iniciasen accións legais contra a organización.

Na miña “Sesión Vermú” da Radio Galega falou unha moi enfadada Lucía Pérez e un moi enfadado Vicente Rico, responsable da páxina Eurovision-Spain.com, que despotricaron ámplamente contra a organización, a posta en escea, o sistema de votación e o resultado final de dito evento. Lucía xa sentíu algo parecido nas súas propias carnes cando fora ela a elexida, porque todo estaba pensado, ao seu dicir, para que foran os Auryn os que viaxaran a Düsseldorf. Non contaron co masivo apoio do televoto dos galegos.

Dito todo isto, e despois de ter escoitadas as 43 cancións que compiten, para min hai unha clara gañadora, se Francesco Gabanni defende o “Occidentali’s Karma” de xeito impecable, será Italia, e non dubiden que España vaille dar os 12 points.

Te puede interesar