Opinión

Sobral sí, sobrado non

Vaia por diante o meu respecto polo traballo do cantante portugués Salvador Sobral, e vaia tamén por diante o dicir que fun un dos moitos que votou por el o ano pasado, sentindo moita emoción ao escoitar e ver ganar a “Amar pelos dois”.

E dito isto, tamén quero manifestar o meu disgusto coas declaracións pouco afortunadas de Sobral, algunhas delas mesmo feitas aos poucos minutos de recibir o “Micrófono de Cristal” na edición de 2017, cando afirmou que “Vivimos nun mundo no que se consume música fast food oca e sen contido, creo que a miña victoria pode significar moito para a xente que fai e escoita música cunha mensaxe clara, a música non son fogos artificiais, a música son sentimentos”, afeando aos seus competidores o feito de que levasen cancións máis comerciais ou adornadas con coreografías e escenografías máis ou menos afortunadas. Algúns destes artistas, como foi o caso do representante sueco Robin Bengtsson, déronlle unha contundente resposta afirmando que “o que ti chamas música fast food pode ser para moitos a mellor cousa do mundo nun momento concreto, e este estilo de música pode ser considerado tan bonito como o teu; hai espazo para todos”.

Pois por se fora pouca a polémica de hai un ano en torno a este artista, ao que todos lle enviamos os nosos mellores desexos cando estaba agardando por un corazón novo para continuar coa súa xoven vida, moitos volvemos sentirnos defraudados coas súas palabras, coas que nos días previos á celebración do Eurofestival no seu País volveu arremeter contra o mesmo, descalificando todo aquelo que non vai coa súa maneira de entender a música, e especialmente contra a canción que ao final gañaría en Lisboa, a da israelí Netta, que co seu “Toy” conseguíu encandilar a xurados e televotantes, e que el definíu como “horrible”, e para máis colmo dicindo que “afortunadamente este ano non teño que oir nada”. 

Moi desacertada a actitud de Salvador Sobral, que esqueceu moi pronto que agora vende discos e fai grandes xiras gracias a Eurovisión, a ese festival que tanto critica, pero co que conseguíu dar a coñecer o seu talento e o da súa irmá Luisa, autora da canción e excelente intérprete.

Observaredes que sigo respectando o traballo dun e doutra, pero ao mesmo tempo reivindico o traballo dos centos de autores e intérpretes que por Eurovisión teñen pasado, e reivindico o espectáculo, o divertimento, os coros e as coreografías, as grandes baladas e o pop ou rock máis comercial, a ópera ou a música tradicional, porque de todo isto houbo, hai e haberá sempre en Eurovisión; e o público, que é moi sabio, elixe con quen quedarse; ás veces queda con melodías intimistas e letras solidarias, e outras veces faino con cancións máis pensadas para bailar e gozar. Este ano xustamente gañou unha canción que combinaba un pouco de todo, reivindicación igualitaria e posta en escea divertida e fresca. 

A penitencia do amigo Sobral foi ter que entregarlle o trofeo e darlle dous bicos á gañadora. O que podía ser un momento máxico quedou moi forzado e descafeinado, pero el o perdeu. Nós gozamos de Caetano Veloso, de Marizza, de Ana Moura e por suposto de Sobral, pero tamén o pasamos do lindo coa representante chipriota e o seu “Fuego” que puxo en pé a media Europa. Así é Eurovisión querido Sobral, un evento non que non “sobra” ninguén.

Te puede interesar