Lunes 28/01/2008 a las 17:23
O debate é si é necesrio un PAC na zaona sur de A Baixa Limia e non sobre si hay capitalidade ou non na comarca que ocmo todos sabemos non hai, ou donde está ese documento que acredite ou recoñeza a Bande como capitalidade de nada. Non desbiemos a atención do tema importante que é a deficiente situación asistencial que ten a zona sur da comarca, que é a mais poblada xa que nela está o Concello de Lobios que ten mais habitantes e actividade ( como se pode ver a simple vista) que Bande.
Creo que a situación da sanidade na zona sur é moi deficitaria e dende logo é moi necesario que se busque una solución e a de As Conchas me parece moi boa idea. É un punto equidistante e dende logo daría unha boa atención a maioría dos veciños da comarca.
Problema co que se atopa esta iniciativa, principalmente cos intereses pol´´iticos do Psoe que como todos sabemos en Lobios e e en Entrimo non moveron un dedo pola iniciativa. Ambos alcaldes puxeron por diante os intereses do partido.
Remato decindo que os de Bande non se deberían preocupar tanto do PAC e si de levantar o Concello que vai verdadeiramente mal. LObios estase pondo por diante en todos os aspectos.
#1 Opinión de:
Neokx
Miércoles 09/01/2008 a las 19:29
Na miña modesta opinión, esta demanda oculta un propósito claro e antigo de desmantelar o que poida quedar da capitalidade da comarca e partido xudicial e que, salvo novas de última hora, segue a ser a localidade de Bande.
Paréceme moi ben que se queira dotar de máis servizos á comarca e sobretodo se falamos da sanidade e de mellorar o benestar da poboación da comarca, con respeto a esto non teño nada que contrariar, máis ben respaldalo, o que pasa é que non se dí abertamente cal é o propósito final.
Se falamos de distancias,¿ como vai a ser que un veciño de A Fraga, Taboazas, Parada do Monte, Souto, ....(concello de Lobeira), Maus do Salas, A Abeleira, Barxés,....(concello de Muiños), etc, etc, etc...lles vai a ser mellor ir a un suposto PAC ás Conchas que ó actual de Bande????;¿ a quén tratamos de enganar???; en distancia eu calculo polo baixiño, uns 25 km máis entre ir ás Conchas para logo coller camiño de Ourense que é onde rematan a maioría das urxencias.E, en tempo???, pois que alguén o calcule!!!, ca estrada que temos!!!
Estou de acordo que se falamos de poboacións de concellos de Entrimo ou de Lobios habería que darlle sentido a sua demanda con pobos bastante afastados de Bande pero en todo caso a que ven plantexar como proposta de ubicación As Conchas e non algunha poboación todavía maís preto de esas localñidades náis afastadas dos concellos de Entrimo ou Lobios???.
Eu propoño, tratar de solicitar un novo PAC que atenda a eses dous concellos máis afastados e ó resto, que non me traten de vender que lles queda máis a man ir ás Conchas que a Bande. Pero entón teríamos outro "pequeno" problema, ¿ onde ubicamos ese novo e solicitado PAC para atender ós veciños máis illados destes dous concellos?, ¿ no concello de Entrimo ou no de Lobios?, ¿algún veciño me pode responder?, porque seguro que cada concello querera telo ou non?.
Remato con esta reflexión, dende logo que a comarca precisa novos e mellores servizos pero non tratemos de vender propostas ocultando outras realidades. A comarca da Baixa Limia é a única onde se discute constantemente cal ten que ser a sua capitalidade.Que tratamos de facer, como no Brasil, unha capital nova no centro xeográfico da comarca?.Por que que nadie se leve a engano, despois do PAC nas Conchas, ven o Parque de Bombeiros, o Xulgado, o Instituto,....coma se falara fai uns anos.Imaxínome por exemplo, ó concello de Gomesende reclamando un instituto comarcal en vez do de Celanova ou ó concello de A Porqueira pedindo a reubicación do xulado da comarca da Limia a costa do de Xinzo,....
Tratemos de buscar solucións a despoboación da comarca, a falta de postos de traballo, á mellora de vías de comunicación,....por que a que eses mesmos non reclaman con tanto ímpetu que a N-540 sexa unha futura autoestrada ou vía de alta capacidade para que así se poida chegar canto antes a Ourense por exemplo en caso de urxencias e demais?.Me imaxino que a todos nos gustaría ter un PAC en cada concello, en cada pobo, en cada aldea, ou un instituto ou a citroen pero coma o facemos???, non temos veciños, hai aldeas con 4 persoas!!!.