Martes 30/08/2011 a las 15:37
As institucioms nom se debem meter em asuntos relacionados ca relijiom! Os concelhos debem ser laicos completamemte!!!!
O caciquismo segue em Ourense, tamem em Celanova!
Lunes 04/02/2008 a las 16:01
A xestión realizada polas institucións e concretamente o Concello de Celanova, xa que co pasquín que sacou en loubanza a súa boa labor na organización e promoción do ano xubilar, amosa unha vinculación directa cun acto relixioso, dentro do marco laico da nosa sociedade.
En realiadade, cando un evento relixioso colle certa magnitude pola chegada masiva de peregríns, o Concello ten a labor de prever as necesidades duns servizos, para dar acollida a esta xente. E non foi así.
Como exemplo, moitos locais queixaronse de ter que exercer meramente de servizo de baño publico, xa que en Celanova non contamos cuns baños públicos, sen que esta xente lle tomase un só café (as veces, establecementos non do sector hosteleiro). Este exemplo tamen apela a vergoña da propia xente que o fai.
O Concello de Celanova, na súa eterna arrogancia, so fala da labor feita en eventos, publicacións, se saiu na radio ou na televisión a misa... pero de recoñecer erros, analizalos e aprender da primeira vez que se organiza un evento de tal magnitude, non se lle vé interese. O de botarlle a culpa a oposición está ben, pódese ver coma responsable de toda a mala organización por non decirlle o concello como ter que facer as cousas, e claramente esto adquirelle un caracter como mellor preparada có propio goberno do concello.
Coido que os propios comerciantes teñen a súa parte de culpa no que se queixan, pois non souberon organizarse. Teñen unha Asociación que non soubo previr a afluenza de xente, preparar artigos de mercadotecnica (souvenirs) acordes co evento en cuestión.
Unha pequena reflexión propia...
Unha Aperta