Galicia

Los protagonistas del nuevo Gobierno de Galicia

Núñez Feijóo ha apostado por la continuidad del grupo que protagonizó su anterior mandato, con alguna renovación de puestos concretos.

feijooo
1 / 12

Alberto Núñez Feijóo (Presidente de la Xunta de Galicia)

rueda
2 / 12

Alfonso Rueda (Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo) Naceu no ano 1968. Está casado e ten dúas fillas. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.

condee
3 / 12

Francisco Conde (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación) Naceu en Monforte de Lemos en 1968. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola mesma universidade. Foi profesor da Universidade CEU San Pablo entre 1995 e 2009, onde ocupou diferentes responsabilidades

ethel
4 / 12

Ethel Vázquez (Consellería de Infraestruturas e Mobilidade) Naceu en Santiago de Compostela en 1972. É enxeñeira técnica superior de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña. Tras rematar os estudos superiores, en 1996 comezou a súa traxectoria profesional na empresa privada, ata que, en 2003, se incorporou ao organismo autónomo Augas de Galicia.

fabiola
5 / 12

Fabiola García (Consellería de Política Social) Naceu en Ribeira en 1985. É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde decembro de 2016 ata setembro de 2018 foi directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade na Consellería de Política Social.

jose gonzalez
6 / 12

José González (Consellería do Medio Rural) Naceu en Ourense en 1970. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1997, ingresou no corpo superior de inspectores de Facenda do Estado, especializado en inspección financeira e tributaria e aduanas e impostos especiais.

OURENSE 16/03/2018.- Entrevista gerente CHUO, Javier García Comesaña. José Paz
7 / 12

Julio García (Consellería de Sanidade) Nado en 1968, é licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten a Especialidade Sanitaria de Radiofísica Hospitalaria, así como un Máster en Administración Sanitaria pola Escola Nacional de Sanidade. A súa formación inclúe o Programa de Dirección Sanitaria (Escola de Directivos Sanitarios de Galicia, Fegas), o Programa de Liderado e Xestión Estratéxica (Instituto de Empresa).

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asistirá á toma de posesión da secretaria xeral técnica do departamento autonómico, María Jesús Lorenzana
8 / 12

María Jesús Lorenzana (Consellería de Emprego e Igualdade) Naceu na Coruña en 1981. Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña en xuño de 2004. Curso Superior de Dereito Autonómico polo Instituto de Dereito Público de Barcelona. Certificado CAE de inglés pola Universidade de Cambridge e de francés B1 pola Alianza Francesa.

roman
9 / 12

Román Rodríguez (Consellería de Cultura, Educación e Universidade) Naceu no Vento, Lalín, en 1968. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela con premio extraordinario. Doutor en Xeografía, é máster en Desenvolvemento Local, foi profesor na Universidade de León e é profesor titular do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.

rosa quintana
10 / 12

Rosa Quintana (Consellería do Mar) Naceu no ano 1959. É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Bioloxía coa tese ‘Contribución ao coñecemento do desenvolvemento gonadal do mexillón galego cultivado’.

valeriano
11 / 12

Valeriano Martínez (Consellería de Facenda e Administración Pública) Naceu en Aldán (Cangas) en 1961, é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración.

angeles vazquez
12 / 12

Ángeles Vázquez (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda) Naceu en Melide en 1972. Acadou a Licenciatura en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Ademais é técnica en Información e cultura.