1
/
13
2
/
13
3
/
13
4
/
13
5
/
13
6
/
13
7
/
13
8
/
13
9
/
13
10
/
13
11
/
13
12
/
13
13
/
13
(FOTOS: MARTIÑO PINAL)
A Asociación de Veciños A tarazana de San Xosé da Carballeira no Concello de Nogueira de Ramuín ten a súa sede dende hai 100 anos na escola da Carballeira que foi feita grazas as aportacións dos emigrantes de Bos Aires.
Hoxe, 22 de outubro, celébrase o centenario da constitución da sociedade cultural da Carballeira. Con ese motivo, fíxeronlle unha homenaxe os emigrantes grazas os que a maioría dos veciños da parroquia recibiron formación no edificio que hoxe está adicado a local social.
O acto contou cunha charla, o descubrimento da placa conmemorativa e para pechar a celebración os presentes degustaron pinchos no local veciñal.