Entrega do Premio Celanova Casa dos Poetas
Un ano máis Celanova acolleu o acto de entrega do XXXVI Premio Celanova Casa dos Poetas que, nesta edición recaeu no escultor Xosé Cid, herdeiro do legado intemporal dos vellos artesáns da pedra e da madeira.
A xornada comezou cunha ofrenda floral e unha lembranza a Celso Emilio diante do seu monumento con motivo do seu 41 cabodano. Como banda sonora, o grupo de gaiteiros O gaiteiro de Penalta interpretou o Himno Antergo.
Unha vez rematada a homenaxe, os asistentes trasladáronse ao claustro barroco do mosteiro, onde se reslizou o acto de entrega do premio baixo os acordes do quinteto de vento da Banda de Música de Celanova.