
1
/
5
Geppetto, Aula de Teatro Universitaria de Ourense pechou a Mostra con “Bruxa descoidada, bruxa chamuscada!”.

2
/
5
Víctor, Edita e Adriel.

3
/
5
Víctor, María, Valeria e Sofía.

4
/
5
Lucas e Xabier.

5
/
5
Foi o día 27 de decembro cando comezaba a edición número 18 da Mostra de Teatro Infantil de Ourense, Moti, cunha ampla proposta de funcións para que a cativada o pasase en grande e colla afición a esta arte dende idades temperás.
Foi a compañía Geppetto da Aula de Teatro Universitaria de Ourense, a encargada de por o broche final coa peza “Bruxa descoidada, bruxa chamuscada!”.
Tras o peche de telón, a organización mostra a súa satisfacción ao ver que o teatro gusta, e moito, na cidade, de que os pais apostan por levar aos cativos aos diferentes espazos nos que se realizaron as representacións e de que a calidade das compañías escénicas galegas amosan un alto nivel.
FOTOS: MARTIÑO PINAL