O Liceo de Ourense leva a cabo un novo ciclo: "As nosas letras na música & A música nas nosas letras" co que achega ao público actuacións músico literarias coa cultura galega por bandeira.
Niste marco, a cantante de fados María do Ceo ofreceu cos seus músicos o recital "Homenaxe ao noso patrimonio material e inmaterial"
facendo un percorrido polos poemas e letras dos nosos escritores, como Carlos Casares, Celso Emilio Ferreiro, Castelao, ou espacios como a Ribeira Sacra.
A seguinte cita será o día 21 de novembro, ás 20,30 horas, con Rosa Torres e Lucía Álvarez.