VIDA

Rebulir, baile e música coma nos vellos tempos

A Asociación Cultural Rebulir organizou a actividade "Verbena no Salón", unha iniciativa para que familias e grupos de amigos (co límite admitido) puidesen desfrutar desde os fogares dunha festa coa esencia das antigas verbenas e xuntanzas populares onde só facía falta un gaiteiro, unha acordeonista, unhas pandereteiras... para animar a velada. 
Deste xeito, contaron co profesorado da Asociación Rebulir que interviron en directo animando a foliada e facendo que os participantes acompañasen con música e baile unha festa virtual á espera do momento de que todos se poidan xuntar en directo. 

IMG-20200601-WA0009
1 / 6

En pé de baile

IMG-20200601-WA0010
2 / 6

Intervención de Alexandre Sotelino, presidente da Asociación Cultural Rebulir.

IMG-20200601-WA0011
3 / 6

Celebración da verbena dende o salón da casa.

IMG-20200601-WA0014
4 / 6

En familia, xuntando xeracións.

IMG-20200601-WA0015
5 / 6

Gli Gutiérrez, Eva Tato e Tito Taboada.

IMG-20200601-WA0017
6 / 6

Non pode faltar a boa gastronomía.