VIDA

O ritmo non parou nun curso atípico

A Asociación Ourensá de Folclore Tradicional, AOFT, viviu este ano un curso atípico polo parón que todos tivemos que facer, aínda que continuaron en contacto online co alumnado mandando diverso material, partituras, vídeos, letras...
Ao non poder organizar un concerto de fin de curso, decidiron que cada un o fixese dende a súa casa. Así, argallaron para o fin de curso un tema de composición (creado por Gonzalo Abelairas) chamado "Lumieira" con letras tradicionais recollidas na provincia de Ourense. Cada un, un grupo ou indivicual, gravará un vídeo que xuntarán e o resultado final será publicado o vindiero día 19 de xuño. 

Beti
1 / 9

Beti tocando a pandeireta.

Mauro
2 / 9

Mauro tocando a gaita.

Irene
3 / 9

Irene toca a gaita.

Vane
4 / 9

Vane coa pandereita.

Mucha
5 / 9

Mucha co seu tamboril.

Gonzalo
6 / 9

Gonzalo tocando a zanfona.

Elva
7 / 9

Elva co pandeiro.

Gustei
8 / 9

Baile en Gustei.

Gerardo
9 / 9

Gerardo e o seu acordeón.