Xornal Escolar

Adornos para a túa árbore de Nadal

Esta semana imos seguir decorando a nosa árbore de Nadal ou calquera recuncho da túa casa.

xornalescolar_1412_lixoteca_01
1 / 6

Nesta ocasión, os materiais que necesitamos son: palliñas de beber, corda, cinta vermella, cinta adhesiva vermella e tesoiras.

xornalescolar_1412_lixoteca_02
2 / 6

Para o primeiro dos adornos imos facer un pentágono unindo as palliñas entre si cunha corda. Vainas colocando unha detras doutra ata que metas as cinco e, cando chegues ó final, fai un nó entre as dúas puntas do cordel.

xornalescolar_1412_lixoteca_03
3 / 6

Con ese pentágono agora terás que conseguir facer unha estreliña de cinco puntas. Para iso, cruza os lados de abaixo do polígono e, o pico que che queda agora na parte de arriba, pásao para abaixo e méteo pola parte de atrás. Xa tes o primeiro adorno!

xornalescolar_1412_lixoteca_04
4 / 6

Para o segundo adorno vas necesitar oito palliñas. Sepáraas en grupos de catro e, con cada un deles, fai a forma dunha almofadiña ou “hashtag”. Pon cinta adhesiva nos cruces das palliñas asegurándote de que quedan ben feitas as formas.

xornalescolar_1412_lixoteca_05
5 / 6

Para conseguir a forma dunha folerpiña de neve, tan só terás que coller as dúas formas, colocar unha delas sobre a mesa e colocar a outra por riba dela cruzándoa para conseguir a forma que ves na imaxe. Volve colocar cinta nos cruces para asegurar.

xornalescolar_1412_lixoteca_06
6 / 6

Agora que tes os dous adornos xa preparados, é importante colocarlles un pouquiño de lazo vermello que nos sirva para penduralo da árbore de Nadal, nunha porta ou onde ti queiras. É moi sinxelo, así que xa sabes… Mans á obra!