Xornal Escolar

Os alumnos do Bolo convértense en reporteiros por un día en Telemiño

O plato de Telemiño converteuse nunha aula moi especial para o colexio do Bolo. Os seus alumnos trasladáronse ata as instalacións da canle de televisión local de Ourense para coñecer como se fan os programas e converterse en estrelas da pantalla por un día. 

Dende a localidade da comarca de Valdeorras, os alumnos chegaron moi emocionados e prestaron moita atención para comprender como se fai a tele. Por grupos ocuparon os asentos do programa En Portada para facer unha tertulia explicando cales son as cousas que máis lles gustan de vivir no Bolo e cales serían para eles as melloras que farían do seu colexio e do seu concellos uns sitios máis especiais. 

Non sen antes pasar por maquillaxe e visitar o control de realización para prestar moita atención ás explicacións dos técnicos e presentadores de Telemiño de todo canto fai que se poida emitir na pequena pantalla. 

Finalmente, xunto con Susana Bayo, os alumnos do colexio do Bolo animáronse a dar o tempo e aprenderon a ler un mapa meteorolóxico. De onde vén o vento, que significan os símbolos ou os números das temperaturas foron algúns dos detalles que ofreceron nesta xornada como presentadores de Telemiño. 

Foi unha excursión moi divertida que converteu o plató da canle local nunha aula moi especial para estes pequenos reporteiros do Bolo.

xornalescolar_1503_bolo_01
1 / 11

Que tempo vai facer mañá na provincia?

xornalescolar_1503_bolo_02
2 / 11

No plató, ocuparon os asentos do programa En Portada para ofrecer unha tertulia sobre as súas cousas favoritas de vivir no Bolo.

xornalescolar_1503_bolo_03
3 / 11

Situadas no seus postos para comezar a tertulia.

xornalescolar_1503_bolo_05
4 / 11

Aprendendo para que serven os botóns do control de realización.

xornalescolar_1503_bolo_06
5 / 11

O alumnado do Bolo pasouno de marabilla descubrindo os segredos da televisión e mesmo se animaron a probar o control de sonido dos micrófonos.

xornalescolar_1503_bolo_08
6 / 11

Nas oficinas de Telemiño viron imaxes do Entroido do Bolo.

xornalescolar_1503_bolo_09
7 / 11

A visita dos pequenos reporteiros do Bolo a Telemiño foi moi especial, a primeira que realiza un colexio dende a pandemia.

xornalescolar_1503_bolo_10
8 / 11

Coñecendo o plató do "Estache bo".

xornalescolar_1503_bolo_11
9 / 11

xornalescolar_1503_bolo_11

xornalescolar_1503_bolo_07
10 / 11

En maquillaxe preparándose para entrar no plató.

xornalescolar_1503_bolo_04
11 / 11

Tamén se interesaron polo funcionamento das cámaras.