Aprendendo a ler o xornal no Padre Feijóo Zorelle
A Semana da Prensa está marcada nos calendarios escolares de toda Galicia co obxectivo de achegar ó alumnado ós medios de comunicación. Dentro das propostas realizadas, os pequenos aprenden como se estructura un xornal, que son as seccións e a diferenciar os xéneros xornalísticos.
No colexio Padre Feijóo Zorelle, os alumnos da aula de cinco anos de Educación Infantil mergulláronse durante un día nas páxinas de La Región para achegarse ó mundo do xornalismo a través da prensa escrita e, ó mesmo tempo, coñecer que está acontecendo no mundo en xeral e na súa provincia en particular.
Dentro da actividade, os cativos descubriron tódalas seccións que compoñen o xornal, aprenderon o que é un titular, buscaron a publicidade, vieron a previsión do tempo e ata tiveron tempo de facer os pasatempos. Todo isto valeulles para descubrir a importancia da lectura para poder ler a prensa e estar informados.
Foi unha xornada moi divertida na que os alumnos aprenderon un montón de cousas sobre a prensa nesta semana marcada polo calendario escolar da Xunta de Galicia para concienciar dende idades moi temperás sobre a importancia dos medios de comunicación na sociedade e o servizo social que estes realizan para relatar o que acontece no mundo.