Xornal Escolar

Aprendizaxe e servizo social no colexio do Bolo

A formación educativa é algo que trascende os libros de texto. No CEIP O Bolo sábeno moi ben e, por iso, apostan por aprender dos maiores e dos animais ao tempo que prestan unha axuda voluntaria aos diferentes colectivos do seu municipio. Deste xeito, o curso escolar actual comezou facendo actividades moi variadas cos maiores da residencia ubicada na localidades. Entre as mais destacadas figuran un taller de plantas e xardinería para ambientar a horta escolar ou obradoiros de costura creativa para facer carteiras e broches. Nestas sesións, os máis novos aprenden dos maiores. 

Nos últimos meses, os alumnos do centro educativo participaron tamén nun concurso como “Artivistas polos animais”. Con esta actividade, o obxectivo era facer un chamamento polo coidado responsable dos animais e das mascotas. Por iso tiveron a visita especial duns coellos que apadriñaron como mascotas oficiais e cos que compartirán grandes momentos de convivencia, xogos e coidados ó longo do curso.

A liña marcada polo actual equipo directivo é a de seguir colaborando cos maiores e con diferentes asociacións de animais, así como protexer e coidar o medio ambiente. “Queremos que a nosa aprendizaxe teña este curso un sentido útil e de servizo social e  por iso gústanos colaborar e cooperar con aqueles que nos necesitan e precisan a nosa axuda e compañía”, explican dende o colexio do Bolo.

xornalescolar_1412_bolo_01
1 / 8

Dos maiores aprenden a traballar a horta.

xornalescolar_1412_bolo_02
2 / 8

Os maiores explícanlles como coidar as plantas.

xornalescolar_1412_bolo_03
3 / 8

Cos coellos comparten xogos e coidados.

xornalescolar_1412_bolo_04
4 / 8

Este ano convertéronse en “Artivistas polos animais”.

xornalescolar_1412_bolo_05
5 / 8

Cos coelliños aprenden valores de coidado e protección animal.

xornalescolar_1412_bolo_06
6 / 8

Este curso adoptaron uns coellos como mascotas oficiais.

xornalescolar_1412_bolo_07
7 / 8

Obradoiro de costura para facer carteiras e broches.

xornalescolar_1412_bolo_08
8 / 8

Grandes e pequenos aprenden xuntos no Bolo.