Aprendizaxe entre xeracións no Ruxidoiro
Os alumnos do Ruxidoiro deixaron os libros de lado por un día para aprender a través da memoria dos seus maiores. Fixérono a través da visita dos seus avós e dos usuarios das residencias de maiores Domus VI e Nosa Señora dos Milagres, cos que compartiron vivencias e xogos cos que reviriron a súa infancia.
Ademais, os usuarios das residencia elaboraron eles mesmos un especial xogo da ra que levaron ata o colexio de Barbadás para xogar cos máis novos. Foi unha xornada de aprendizaxe servizo na que ambas xeracións intercambiaron charlas, diversión e o máis importante: tempo xuntos.
Con esta iniciativa, dende a comunidade educativa buscaban inculcar diferentes valores ó seu alumnado, entre eles o respecto e aprendizaxe dos maiores e o fomento da actividade física e a vida saudable.