Xornal Escolar

En bici contra o vandalismo dende Seixalbo

O alumnado de sexto de Primaria do colexio de Seixalbo leva varios meses inmerso no programa "Investigadores Sociais #SenVandalismo", unha iniciativa que se levou a cabo nun total de 10 centros galegos organizada pola asociación Apes e a Fundación Barrié.

Durante o transcurso desta actividade tiveron ocasión de facer unha análise de que é o vandalismo e os riscos aos que conleva participar neste tipo de actos. Deste xeito, aprenderon que se trata dun comportamento antisocial que se inicia, normalmente, na adolescencia e supón unha conduta de risco por ter como fundamento o uso da violencia contra as cousas. Estos actos supoñen unha aprendizaxe de comportamentos potencialmente delictivos.

Foron meses de aprendizaxe arredor dunha temática da que xurdiron dúbidas e inquedanzas. Sendo a base metodolóxica do programa a aprendizaxe-servizo, chegou o momento de realizar a acción social que o alumnado deseñou baixo o lema "Seixalbo Bike contra o vandalismo", proposto por eles mesmos. Ademais, alumnos da clase foron os encargados de darlle forma ao logo baixo o asesoramento de toda a clase que foi aportando ideas.

Coa idea de concienciar á comunidade sobre a importancia da prevención dos comportamentos de risco chegaron a Taboadela, en colaboración co clube Taboadela Bike.

xornalescolar_0803_seixalbo_01
1 / 11

Percorrendo os camiños de Taboadela para concienciar á comunidade sobre a necesidade de coidar o entorno.

xornalescolar_0803_seixalbo_02
2 / 11

Listos para a bicicletada.

xornalescolar_0803_seixalbo_03
3 / 11

Preparados para iniciar a marcha polo concello de Taboadela.

xornalescolar_0803_seixalbo_04
4 / 11

Na aula prepararon as diferentes actividades.

xornalescolar_0803_seixalbo_05
5 / 11

O proxecto, desenvolvido coa asociación Apes e a Fundación Barrié, prolongouse durante varios meses.

xornalescolar_0803_seixalbo_08
6 / 11

Os alumnos puideron comprobar de primeira man os riscos e as consecuencias de caír en conductas vandálicas.

xornalescolar_0803_seixalbo_06
7 / 11

Vendo os efectos do vandalismo.

xornalescolar_0803_seixalbo_07
8 / 11

Dentro do proxecto comprobaron os efectos do vandalismo.

xornalescolar_0803_seixalbo_09
9 / 11

Saída á rúa para tomar conciencia dos actos vandálicos.

xornalescolar_0803_seixalbo_10
10 / 11

Tamén recibiron a visita duns axentes de Policía para falar sobre vandalismo.

xornalescolar_0803_seixalbo_14
11 / 11

Para a marcha en bicicleta prepararon uns carteis.