Xornal Escolar

Os cativos de Cardenal Cisneros descobren a escalada

A campaña de actividade lúdico deportiva Xogade é unha iniciativa da Xunta de Galicia que leva a actividade deportiva a todos os concellos galegos e bríndalles aos escolares a posibilidade de practicar diferentes deportes e así fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as idades máis temperás. Neste caso, alumnas e alumnos de Cardenal Cisneros achegáronse ao rocódromo do Pavillón dos Remedios para iniciarse na escalada. Alí os agardaban os monitores de Asesou. Piluca Vázquez, Paio Xosé Álvarez e Lucas Pedroza foron capaces de que todas e todos participasen activamente na escalada. A alumna Alba, como experta escaladora, axudou aos seus compañeiros a iniciarse no deporte que a ela lle encanta.

xornalescolar_2903_cisneros_01
1 / 5

Xornada de escalada de Cardenal Cisneros.

xornalescolar_2903_cisneros_02
2 / 5

Xornada de escalada de Cardenal Cisneros.

xornalescolar_2903_cisneros_03
3 / 5

Xornada de escalada de Cardenal Cisneros.

xornalescolar_2903_cisneros_04
4 / 5

Xornada de escalada de Cardenal Cisneros.

xornalescolar_2903_cisneros_05
5 / 5

Xornada de escalada de Cardenal Cisneros.