Xornal Escolar

Chega o Samaín á Lixoteca

Preparámonos para o Samaín con dous adornos cos que converter o teu escritorio nun espazo terrorífico.

xornalescolar_2610_lixoteca_02
1 / 6

Comezaremos por un divertido peón, no que necesitarás: un globo laranxa, unha canica, unhas tiras verdes (de corda, limpapipas, globos…) e un rotulador negro.

xornalescolar_2610_lixoteca_03
2 / 6

O primeiro que terás que facer é meter a canica dentro do globo estirando ben o bico e levándoa ata o fondo de todo. Cando o teñas, ponlle unha goma xusto onde remata a canica para que quede ben fixada e dalle a volta ó globo, de xeito que a canica quede no fondo pero pola parte de dentro. Infla o globo.

xornalescolar_2610_lixoteca_04
3 / 6

Cando o teñas ben inflado, faille un nó ben forte para atar o globo e colócalle sobre el os adornos de cor verde. Xa só che queda convertelo nun cabazo de terror pintándolle uns ollos e unha boca de medo. Sóltao e comproba como se aguanta sen caer mentres baila para celebrar a chegada do Samaín.

xornalescolar_2610_lixoteca_05
4 / 6

A segunda manualidade que imos facer é un lapiceiro de Samaín para o teu escritorio ou para a mesa do cole. Os materiais que necesitas son: un globo laranxa, un bote de cristal, deterxente de lavar os pratos ou xabón das mans -o que ti prefiras-, adornos verdes e un rotulador negro.

xornalescolar_2610_lixoteca_06
5 / 6

Antes de nada, unta ben as túas mans con xabón ou deterxente e pásaas polo botiño de cristal. Asegúrate de que queda ben resbaladizo e, cando o teñas, abre o globo polo bico e cubre con el o bote. Se ves que che costa, non dubides en pedirlle a alguén que che axude para que quede ben.

xornalescolar_2610_lixoteca_01
6 / 6

Ó igual que fixemos co peón, tamén neste manualidade terás que colocarlle uns adornos verdes na parte superior e pintarlle uns ollos e unha boca terroríficos para convertilo nun cabazo de Samaín. E xa tes listos os teus adornos de escritorio para estes días de medo. Así que, xa sabes… Mans á obra!