Xornal Escolar

Conciliación e moita diversión en Amencer

Fotos: Martiño Pinal

Un ano máis -e xa van preto de tres décadas- o curso escolar comeza na asociación xuvenil Amencer co seu “Tempo de troula”, unha iniciativa pensada para ofrecer unha alternativa de conciliación ás familias mentres non empezan as xornadas completas nos centros educativos. Deste xeito, os máis pequenos da cidade teñen a posibilidade de gozar dun espazo de diversión e aprendizaxe mentres van recuperando pouco a pouco as rutinas do novo curso. 

Separados por grupos de idade para cumprir coas medidas e protocolos covid, os participantes son un grupo de mozas e mozos fieis á proposta lúdica, que se desenvolve nos meses de setembro e xuño. Obradoiros, xogos cooperativos, experimentos de ciencia divertida ou clases de cociña son algunhas das propostas preparadas para o Tempo de troula deste ano. 

Así, mentres os maiores fabricaban o seu propio volcán a base de vinagre e bicarbonato, os máis cativos preparábanse para percorrer o edificio en busca das pistas que os levasen a atopar o doce tesouro que os monitores tiñan preparado para eles. O importante nestes casos é divertirse e aprender xogando. Aprender a traballar en equipo ou o divertida que pode ser a ciencia, mentres as familias ourensás contan cun espazo seguro ó que confiarlle ós seus pequenos mentres se pon en marcha toda a engranaxe das actividades lectivas.

Un xeito diferente de voltar á rutina e de aproveitar ó máximo as últimas tardes do verán. 

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
1 / 17

O patio de Salesianos acolle as actividades de Tempo de Troula.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
2 / 17

As cámaras de Telemiño espertaron a curiosidade das máis pequenas, que non dubidaron en contarlle ó Xornal Escolar o moito que lles gusta participar no Tempo de troula.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
3 / 17

Preparándose para buscar as pistas do doce tesouro que estaba agochado.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
4 / 17

Algunhas das participantes xa son veteranas da proposta.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
5 / 17

Os maiores elaboraron un divertido volcán.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
6 / 17

Os obradoiros de ciencia divertida do Tempo de troula ofrécenlle ós cativos a posibilidade de aprender experimentos que despois poden volver facer na casa.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
7 / 17

Moi ogrulloso do progreso do seu volcán caseiro.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
8 / 17

Os talleres de ciencia e de cociña son sempre os favoritos dos rapaces.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
9 / 17

Preparando a plastilina para cubrir o volcán.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
10 / 17

A proposta de Amencer é perfecta para a conciliación das familias durante o mes de setembro e os xoves participantes tamén se amosan encantados coa diversión que lles ofrece esta actividade.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
11 / 17

As cativas pásano de marabilla e así llo contaron a Telemiño.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
12 / 17

Máxima concentración no experimento de ciencia divertida.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
13 / 17

Os maiores fabricaron o seu propio volcán con auga, bicarbonato e vinagre.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
14 / 17

Os maiores participaron nunha sesión de ciencia divertida.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
15 / 17

Os máis pequenos participaron na busca do tesouro.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
16 / 17

Os máis novos fabricaron diademas para a súa busca do tesouro.

Ourense 14/9/21
Actividad tardes de troula en la asociación amencer

Fotos Martiño Pinal
17 / 17

O Tempo de Troula tamén é perfecto para facer amigos.