Xornal Escolar

Constrúe unha pandeireta e un tambor

Na Lixoteca máis musical imos facer dous instrumentos: unha pandeireta e un tambor.

xornal1910_lixoteca_001
1 / 6

Empezamos polo tambor, para o que necesitaremos só uns pouquiños materiais: un bote ou un testo de plástico, cinta de pegar ancha, cintas decorativas, dous paus de madeira con punta, dúas boliñas de porexpán e unhas tesoiras.

xornal1910_lixoteca_002
2 / 6

O primeiro que terás que facer é cubrir toda a parte de arriba do recipiente con celo ancho, asegurándote de que queda ben tirante e de que todo o burato queda cuberto. Cando o teñas, ponlle un pouco de cinta decorativa para tapar os límites do celo e darlle un toque de cor.

xornal1910_lixoteca_003
3 / 6

Imos a polas baquetas! Tan só terás que clavar as boliñas na parte do pau que ten punta. Non te pases para non furalas de todo, pero tampouco te quedes curto, senón van caer mentres tocas… Cando remates, colle o bote e vai practicando uns ritmiños mentres facemos a pandeireta.

xornal1910_lixoteca_004
4 / 6

Para a pandeireta necesitaremos: dous pratos de cartón, unha troqueladora, lazo que non sexa moi ancho e axóuxeres. O primeiro paso será marcar os pratos de cartón con oito puntos, sobre os que terás que facer un buratiño (podes aproveitar e colocar un por riba do outro para furalos xuntos).

xornal1910_lixoteca_005
5 / 6

Corta agora oito anaquiños de lazo duns 15 centímetros aproximadamente e vainos metendo polos buratiños ó tempo que, con el, unes os dous pratos. Unha vez que os teñas, mete un axóuxere en cada un destes laciños e faille un nó ben apretado para poder tocar sen medo.

xornal1910_lixoteca_006
6 / 6

E xa estaría! Tes todo listo para formar un pequeno grupo musical dunha forma moi sinxela. Practicar con este tambor e esta pandeireta é moi doado, só tes que deixarte levar polos ritmos que teñas dentro e tamén podes practicar o que aprendas na clase de Música. Así que, xa sabes… Mans á obra!