Xornal Escolar

Constrúe un robot moi sinxelo

xornalescolar_1503_lixoteca_06
1 / 6

Para facer este animado robot necesitarás: un roliño de papel hixiénico, papel de aluminio, dous limpapipas de cores, botóns de diferentes cores, uns olliños decorativos, un anaquiño de cartolina ou papel, dous tapóns de botella, tesoiras e pegamento.

xornalescolar_1503_lixoteca_05
2 / 6

O primeiro paso consistirá en coller o roliño de papel hixiénico e facer uns pequenos furados de lado a lado nun dos lados. Cando o teñas, corta un anaco de papel de aluminio e recobre con el o roliño asegurándote de que queda todo ben tapado.

xornalescolar_1503_lixoteca_04
3 / 6

Marca os buratiños que fixeches antes no rolo tamén no papel de aluminio e atravesa por aquí un dos limpapipas. Cando o teñas, recorta unha forma abstracta no papel ou cartolina e pégao sobre o rolo á altura que puxeches o limpapipas.

xornalescolar_1503_lixoteca_01
4 / 6

O papel coa forma abstracta será a cara do noso robot, así que coloca aquí os olliños decorativos e debúxalle un gran sorriso. Colle agora os tapóns de botella e pégaos nos laterais da parte inferior para que fagan de rodas do noso robot.

xornalescolar_1503_lixoteca_02
5 / 6

Seguimos agora decorando o noso animado robot. Xa temos os brazos, a cara e as rodas, así que imos pegarlle uns botóns de cores debaixo da cara para que lle dean un aspecto máis tecnolóxico. Falta aínda por colocar un dos limpapipas.

xornalescolar_1503_lixoteca_03
6 / 6

Co limpapipas que nos falta faremos uns corniños para o robot. Dalle forma e pégaos pola parte interior do roliño. Agora si que xa está listo o teu animado robot. Podes facerlle amigos con outras decoracións. Así que xa sabes… Mans á obra!