
1
/
5
Traballando no estudo da alimentación.

2
/
5
Traballaron por grupos coa pirámide alimentaria.

3
/
5
En segundo de Primaria fixeron murais cos tipos de alimentos.

4
/
5
Moi orgullosos co resultado do seu traballo.

5
/
5
En Salesianos realizan múltiples actividades para promover o coidado do corpo entre o seu alumnado. Deste xeito, os cativos de cuarto de Primaria estudaron a fondo o corpo humano, froito do cal realizaron orixinais maquetas recreando os distintos sistemas con plastilina e outros materiais de refugallo.
Mentres, os de segundo de Primaria levaron a cabo un traballo en grupos cooperativos sobre os alimentos, as substancias nutritivas que nos aportan e a pirámide alimenticia, que lles servíu para repasar a necesidade dunha alimentación saudable e completa. Unha actividade que axuda a tomar conciencia da alimentación e que permite traballar dende a motricidade fina ata a toma de decisións en grupo.