Xornal Escolar

O Día das Bibliotecas nos colexios de Ourense

As bibliotecas, escenarios de grandes momentos nos colexios ourensáns, celebraron o seu gran día. A meirande parte dos centros educativos da provincia festexaron o Día das Bibliotecas con divertidas actividades para fomentar a lectura entre os máis novos e pasar a xornada entre historias fantásticas.

xornalescolar_0911_redes_01
1 / 7

O Barco de Valdeorras. Para festexar este día no Julio Gurriarán Canalejas contaron coa visita de Harry Potter para introducir ós cativos no mundo da maxia a través das súas historias. Durante este curso realizarán diferentes misións co mago.

xornalescolar_0911_redes_02
2 / 7

Miraflores. O rincón da biblioteca é un dos espazos favoritos dos máis novos no colexio Miraflores. Alí, os pequenos de catro anos tiveron a ocasión de poñer en práctica os seus coñecementos lectores e pasaro un momento divertido.

xornalescolar_0911_redes_03
3 / 7

Padre Feijóo Zorelle. O alumnado de 3º da ESO aproveitou a coincidencia co Samaín para celebrar o Día da Biblioteca coa lectura compartida e o debate dunha historia de terror en francés, “La Momie du Louvre”.

xornalescolar_0911_redes_04
4 / 7

Virxe de Covadonga. Baixo o lema “#biblioTEcuida”, os peques de Educación Infantil, primeiro e segundo de Primaria recibiron unha visita dunha avoa moi especial que lles contou un conto.

xornalescolar_0911_redes_05
5 / 7

Maristas. Infantil e Primaria visitaron a biblioteca durante toda a semana para participar en actividades de lectura e narración por imaxes, representacións teatrais misteriosas ou lecturas científicas dramatizadas.

xornalescolar_0911_redes_06
6 / 7

O Barco de Valdeorras. No Otero Pedrayo convidaron ás familias dos alumnos a achegarse a contar contos. Foi unha xornada marabillosa con narradores inmellorables e moi satisfactoria para toda a comunidade.

xornalescolar_0911_redes_07
7 / 7

Celanova. Roque, a mascota da biblioteca do Curros Enríquez por fin puido coñecer ó alumnado do colexio. Os pequenos non dubidaron en retratarse xunto a este novo personaxe que fará moitas cousas.