Xornal Escolar

Os escolares de Baños de Molgas, de volta nas augas da piscina

O colexio de Baños de Molgas vén de recuperar unha das súas actividades máis agardadas: o cursiño de natación que cada ano levaba ó alumnado ata a piscina de Allariz. A actividade, está desenvolvida polo centro en colaboración co Concello, a ANPA “A Burga” e Monbus. 

Durante este curso, practicamente o 100% do alumnado do centro asistiu ao cursiño, dende os máis cativos, os pequechos de tres anos, ata os que están a piques de marchar para o instituto, levaron a cabo as xornadas de natación, impartidas polos monitores. A actividade ten unha gran acollida en toda a comunidade educativa; especialmente entre os máis pequenos, que deixan claro o a gusto que se senten cos seus amplos sorrisos.

xornal3011_molgas_005
1 / 5

Un dos grupos, listo para comezar un dos exercicios de natación.

xornal3011_molgas_004
2 / 5

Os máis pequenos do colexio pásano en grande na auga.

xornal3011_molgas_003
3 / 5

Mateo e Daniela gozando durante o exercicio proposto polos monitores.

xornal3011_molgas_002
4 / 5

Lucas, en pleno execrcicio, mentres os seus compañeiros suxeitan as planchas.

xornal3011_molgas_001
5 / 5

Sabela, Antía e Alba demostran que tamén hai tempo para a diversión.