Xornal Escolar

Escolares unidos contra a violencia de xénero

O 25N é unha data marcada en vermello nos calendarios escolares de toda a provincia. Grandes e pequenos acompañados dos seus docentes saíron ós patios dos seus centros ou realizaron diferentes actividades para lembrar a urxencia que ten a sociedade de eliminar o virus da violencia.

xornal3011_25n_001
1 / 8

Albino Núñez. No colexio de Casardomato vestiron unhas pulseiras moradas para, alumnos e profesores todos xuntos no patio, pedir a fin da violencia de xénero na sociedade.

xornal3011_25n_002
2 / 8

Irmáns Villar. Alumnos e profesores xuntos no patio do colexio uniron as súas voces contra a violencia de xénero. Diante dun gran mural conmemorativo, os pequenos axitaron as súas cintas moradas.

xornal3011_25n_003
3 / 8

Concepción Arenal. Os alumnos puxeron a súa creatividade ó servizo da igualdade creando unhas grandes ás de bolboreta morada para amosar o compromiso das novas xeracións contra a violencia de xénero.

xornal3011_25n_004
4 / 8

Luis Vives. No colexio Luis Vives gardaron un minuto de silencio no patio en homenaxe a tódalas víctimas da violencia de xénero. Nas aulas realizaron manualidades coa cor violeta para concienciar ó alumnado.

xornal3011_25n_005
5 / 8

La Purísima.As manualidades foron tamén as protagonistas do colexio da Purísima. En Educación Infantil amosaron o seu compromiso coa erradicación da violencia enchendo de violeta uns corazóns.

xornal3011_25n_006
6 / 8

Virxe de Covadonga. “Somos a xeración que imos acabar coa violencia” é o lema co que a comunidade educativa do barrio de Covadonga conmemorou o 25N para rexeitar toda mostra de abusos de xénero.

xornal3011_25n_007
7 / 8

Condesa de Fenosa. Con alegría pero tamén con moito sentimento, a comunidade do Barco de Valdeorras pronunciou as frases que non queren escoitar máis, cantaron cancións que falan de maltrato e de igualdade.

xornal3011_25n_008
8 / 8

O Ruxidoiro. No colexio de Barbadás fixeron un obradoiro de concienciación do alumnado, que se uniu para dicir “basta” á violencia de xénero pintando, entre outras cousas, as súas mans de morado.