Xornal Escolar

Espazo de xogo e ilusión en Salesianos

Os alumnos de Salesianos fan do recreo unha continuación das aulas, convertendo o campo de xogo nun lugar no que probar diferentes deportes, mellorar a psicomotricidade e explorar novas formas de diversión. Todos estes son os obxectivos dos “Recreos Activos”, unha proposta na que participan tódolos alumnos, cando menos dous días á semana, promovida polo profesorado de Educación Física. 

Ganas de xogar e competir son a tónica dominante das actividades, que estes días -debido ás chuvias- teñen que trasladarse ó interior. Pero iso non é impedimento para que a diversión sexa a protagonista da proposta. Fútbol, hockey, saltos con aros, circuítos de obstáculos, coller o pano ou balón prisioneiro son algunhas das opcións que os alumnos teñen para escoller e participar nas diferentes competicións organizadas. 

Todo isto coa misión de colocar a actividade física no lugar que merece na formación académica do alumnado mentres gozan de momentos de esparcemento implicados nunha vida saudable e coñecendo a gran variedade deportiva que existe.

Grandes e pequenos están moi ilusionado con este programa lúdico, que converte os recreos nun espazo de aprendizaxe e recárgalles as pilas para continuar coa xornada académica, polo que tamén redunda en beneficios para a súa concentración. A xogar!

xornalescolar_2501_salesianos_04
1 / 14

Recreos activos en Salesianos

xornalescolar_2501_salesianos_05
2 / 14

Recreos activos en Salesianos

xornalescolar_2501_salesianos_06
3 / 14

Recreos activos en Salesianos

xornalescolar_2501_salesianos_08
4 / 14

Recreos activos en Salesianos

xornalescolar_2501_salesianos_07
5 / 14

Recreos activos en Salesianos

xornalescolar_2501_salesianos_09
6 / 14

Recreos activos en Salesianos

xornalescolar_2501_salesianos_10
7 / 14

Recreos activos en Salesianos

xornalescolar_2501_salesianos_11
8 / 14

Recreos activos en Salesianos

xornalescolar_2501_salesianos_13
9 / 14

Recreos activos en Salesianos

xornalescolar_2501_salesianos_12
10 / 14

Recreos activos en Salesianos

xornalescolar_2501_salesianos_14
11 / 14

Recreos activos en Salesianos

xornalescolar_2501_salesianos_01
12 / 14

Recreos activos en Salesianos

xornalescolar_2501_salesianos_15
13 / 14

Recreos activos en Salesianos

xornalescolar_2501_salesianos_02
14 / 14

Recreos activos en Salesianos