Xornal Escolar

Un futbolín para as tardes de choiva

Para os días nos que non poidas saír a xogar ó fútbol, imos preparar un futbolín para a casa.

xornalescolar_2501_lixoteca_01
1 / 6

Os materiais que necesitas son: dous vasos de papel, unha caixa de zapatos, unha cartolina verde, unha pelotiña de ping-pong, tesoiras, rotulador, regra e pegamento.

xornalescolar_2501_lixoteca_02
2 / 6

O primeiro paso será preparar o campo de xogo. Para iso, colle a caixa de zapatos e, se é necesario, recórtalle a tapa con axuda dun cúter (se ves que se che complica, non dubides en pedirlle axuda a un maior). Recorta tamén os laterais máis curtos.

xornalescolar_2501_lixoteca_03
3 / 6

O resultado ten que ser unha especie de U co fondo da caixa e os dous laterais máis longos. Se xa o tes, continúa facendo uns buratiños en cada lado da parte superior (máis ou menos onde ves na imaxe). Teñen que quedar ben en liña.

xornalescolar_2501_lixoteca_04
4 / 6

Imos preparar os xogadores. Para iso, coloca os vasos de papel boca abaixo e fúraos de lado a lado preto da parte inferior do vaso. Atravesa por aquí un pauciño e, para darlle un toque máis orixinal, debúxalle unha cara a cada xogador cuns olliños decorativos.

xornalescolar_2501_lixoteca_05
5 / 6

Toca agora pintar o campo. Recorta a cartolina do tamaño da base da caixa e cun rotulador debuxa o centro e as dúas porterías. Cando o teñas, coloca cada vaso no seu sitio e pon uns puntiños de pegamento nos paus e nos vasos para que non se movan.

xornalescolar_2501_lixoteca_06
6 / 6

Agora si que xa só nos quedan dúas cousiñas: a pelota e outro xogador ó que retar. O primeiro só precisa que soltes a boliña de ping-pong no medio do campo e, xirando os paus, trata de meter gol no outro campo. Xa sabes… Mans á obra!